Juan Manuel Vieites, proposto como candidato á presidencia da CEG

Jaime López destaca que é "unha persona que pode contribuír moito polo seu coñecemento e a súa experiencia"
Juan Vieites, primero por la izquierda. C.L.F
photo_camera Juan Vieites, primero por la izquierda. C.L.F

O portavoz da confederación de empresarios de Lugo, Jaime López, anunciou que esta organización lanzará o xoves da semana que vén a candidatura do secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe (Anfaco), Juan Vieites, para presidir a patronal galega. 

López xustificou esta candidatura desde "a reflexión e o sentido común que hai que ter todos", á vez que apela a que se trata de "unha candidatura de consenso". Vieites conta co respaldo da patronal de Lugo para facerse coa presidencia da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) nas eleccións programadas para o 21 de xaneiro. 

Estes comicios chegan nun contexto de crise e conflito permanente na organización, despois de varias dimisións, a última delas a do ourensán José Manuel Barreiros, quen durou apenas dous días á fronte da CEG a finais do pasado novembro.

"UN GRAN XESTOR". "É unha persona que coñecemos desde hai moitos anos, tamén a súa traxectoria. É un gran xestor e cremos que pode ser un punto de inflexión desta situación que vivimos e que non é boa para o empresariado galego", sostén. 

Entre outros "elementos" que levou á CEL a propolo é que "hai elementos da conxuntura económica que afectan, e moitas veces descoñécese esa territorialidade marítima que ten a provincia de Lugo".  "Temos que pensar na nosa frota da Mariña, que son das máis relevantes no Gran Sol e en augas xurisdiccionais británicas e o brexit está aí", avisou. 

De Vieites enxalzou que é "unha persona que pode contribuír moito polo seu coñecemento e a súa experiencia" no sector marítimo e pesqueiro, ademais de no resto de sectores produtivos. "É o momento de pensar no que é importante para os nosos empresarios, neste caso no ámbito do mar e a pesca", subliñou. 

Por último, o secretario xeral da CEL subliñou que con esta candidatura pretende "evitar colisións entre o norte e o sur (de Galicia)", para concluír que xa informou as intencións de "apostar" por Juan Vieites ao porto de Celeiro e a armadores de Burela. 

Comentarios