Vegalsa-Eroski rende homenaxe a Luísa Villalta polas Letras

Iniciativa ► Faino con 550 carteis conmemorativos nos seus 250 establecementos e bolsas de edición especial sobre a autora
Presentación da campaña en homenaxe a Luísa Villalta. AEP
photo_camera Presentación da campaña en homenaxe a Luísa Villalta. AEP

A rede comercial da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski rende homenaxe a Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024. Faino achegando nos 250 establecementos dos que dispón en Galicia a obra da escritora, con 550 carteis conmemorativos deseñados por alumnos do CEIP Raquel Camacho e unha tirada especial adicada á escritora de 21.000 bolsas de papel na Coruña e 1.500.000 bolsas de plástico nos Eroski e Autoservicios Familia de toda Galicia.

O supermercado Eroski Center de Mesoiro, en A Coruña, foi o establecemento escollido para levar a cabo na xornada de hoxe unha pegada simbólica de carteis coa que a compañía da comezo a súa xa tradicional campaña das Letras Galegas, froito do seu compromiso coa identidade galega da man da Xunta. O evento contou coa participación do secretario xeral da Lingua da Xunta, Valentín García; da irmá da homenaxeada, Susana Villalta; da académica de número da RAG, María Dolores Sánchez e por parte de Vegalsa-Eroski, do director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; da directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa, Gabriela González; do director de Márketing, Julián Hernández, ademais da xefa da tenda, Belén Vidal e da xefa de zona, Manuela Presas.

Bolsas con mensaxe e sorteo de produtos galegos

Durante este mes de maio as bolsas da compra a disposición dos clientes lembrarán a esta escritora coa frase “Tes medo do abismo? Abre as ás e voa”. A través dela búscase transmitir a importancia de voar por un mesmo, ilustrada a través dun libro aberto con ás que inclúe a súa vez un violín como referencia ao instrumento que sempre acompañou a esta autora durante a súa traxectoria.

Este ano, como novidade durante o mes de maio estase a levar sorteos semanais nos perfís de Instagram e Facebook da compañía. Cada semana, sortéase unha cesta de produtos galegos valorada en 80 euros por compras superiores a 10 euros en establecementos Eroski e Autoservicios Familia de Galicia, Asturias y Castilla y León.

Galicia no ADN empresarial

A aposta de Vegalsa-Eroski por potenciar os valores propios da identidade galega reflíctese no seu cadro de persoal, conformado por 7.354 traballadores, 6.526 en Galicia, e na súa firme aposta polos provedores galegos. Tamén nas súas tendas, incluíndo o galego nos rótulos, na súa comunicación comercial e na súa marca propia, rotulada nos catro idiomas oficiais de España. Sen esquecer o seu apoio a iniciativas que contribúen á súa conmemoración e posta en valor como o Día das Letras Galegas. Ademais, a compañía repite apoio un ano máis aos festivais galegos como son Morriña Fest (Culleredo), o Caudal Fest (Lugo) ou o Resurrection Fest (Viveiro), e a accións como a iniciativa de intercambio artístico Camiño Escena Norte, entre outras.