O portal da Administración 060.es redeséñase

060.jpg
photo_camera 060.jpg

O portal 060 está de estrea. Esta web na que podes acceder a máis de 300 servizos electrónicos da Administración inaugura hoxe unha nova versión, coa que se trata de segmentar o contido en función do interese do usuario. Así, segundo sexas cidadán ou empresa, priorizaránseche unhas áreas temáticas ou outras.

Consultar os puntos do carné, inscribirte nas oposicións ou saber o tempo que fará, é algunha da información que poderás atopar en 060.es, no que o DNI electrónico poderá utilizarse nos servizos que ofrecen.

A páxina está accesible en todas as linguas cooficiais do Estado. Inclúe tamén unha área de participación cidadá, con foros, así como buscadores temáticos.
Na Guía do Estado poderás acceder ás principais institucións estatais, web das administracións públicas, ministerios e diarios oficiais españois e europeos.

Comentarios