O PSOE rexeita o acordo con Nafarroa Bai ó 'non cambiar as circunstancias'

A Executiva Rexional do PSN-PSOE deu o visto bo á “posible formación” dun goberno con Nafarroa Bai e Esquerda Unida ó considerar que se pode formar unha executiva “de cambio, convivencia e progreso”. O acordo foi adoptado por unanimidade e o partido queda á espera de que a Comisión Executiva Federal, a quen estatutariamente correspón a decisión, dea o seu apoio a esta alternativa.

O órgano federal adiantou ás poucas horas de coñecerse a noticia que “non variaron as circunstancias que posibiliten un entendemento con Nafarroa Bai”. Deste xeito, a dirección do PSOE non avala o acordo anunciado pola Executiva do PSN. O PSOE era máis favorable a pactar un goberno con UPN, a marca electoral do PP na comunidade foral.

Negociacións complicadas
Nos últimos días, as tres formacións políticas foron subsanando diferencias sobre a estrutura do próximo goberno a través de contactos telefónicos, aínda que quedan por resolver cuestións “de matiz”.

Dende a ruptura de negociacións con estas formacións semellaba descartado o pacto tripartito agardábase que o PSN decidira deixar a UPN en minoría ou un goberno de coalición cos rexionalistas, postura contestada internamente.

En canto á composición do goberno, optouse porque determinadas consellerías estean ocupadas por políticos (2 para o PSN, ademais da presidencia, 3 para NaBai e 1 para IU) e outras 6 por técnicos independentes, cuxos nomes serán consensuados.

A data límite fixada pola presidenta do Parlamento foral, Elena Torres, para elixir ó novo presidente é o 18 de agosto.

Comentarios