'Castelao Artista: Os fundamentos do seu estilo' en Pontevedra (Ata o 5 de xuño)

O Museo de Pontevedra inaugurará este venres 1 de abril a exposición Castelao Artista: Os fundamentos do seu estilo (1905-1920), unha mostra que se poderá contemplar no Sexto Edificio deste organismo cultural ata o 5 de xuño e que reúne, por primeira vez, toda as obras en óleo de gran formato do intelectual de Rianxo. Na mostra, os visitantes poderán contemplar ata 96 obras da primeira etapa do Castelao artista, tomando como referencia o ano 1905 por ser o ano no que asinou a súa primeira obra, e o 1920, xusto antes da exposición do álbum Nós, cuxos bosquexos serán expostos tamén no museo pontevedrés.

Comentarios