Mofa e Befa en Pontevedra

O dúo teatral Mofa & Befa sairá a escena o vindeiro xoves 2 de novembro, a partir das 20.30 h, no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra coa súa produción 'Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira'. 

As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

Neste espectáculo Mofa & Befa introdúcense no mundo da filosofía para reflexionar sobre as diferentes maneiras de pensar que existen. Segundo a súa filosofía, está a maneira correcta de pensar e despois a maneira perralleira, que non por ser incorrecta é menos válida. Por exemplo, segundo as reflexións do dúo, «pensamos correctamente cando deducimos que a Terra vira ao redor do sol, pero pensamos de forma perralleira cando culpamos de todo ao Goberno. E ese é o problema. A realidade non é fácil e necesita cranios privilexiados que saiban captar a esencia de cada cousa e explicala claramente». E eses cranios privilexiados son, precisamente, Mofa & Befa.

Comentarios