Absolven a doce acusados de enaltecer a Resistencia Galega

Eran xulgados por "pertenza a organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento do terrorismo"
Operación policial contra Resistencia Galega. EP
photo_camera Operación policial contra Resistencia Galega. EP

A Sección Terceira da Sala do Penal da Audiencia Nacional absolveu ás doce persoas que foron xulgadas o pasado mes de outubro por enaltecemento da organización terrorista Resistencia Galega a través das asociacións Causa Galiza e Ceivar e para quen a Fiscalía solicitaba condenas que ían entre 4 e 12 anos de prisión.

Na sentenza, os maxistrados absolven aos acusados dos delitos de "pertenza a organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento do terrorismo (artigo 570 bis 1 do Código Penal) e de delitos de enaltecemento do terrorismo (578.1, 2 e 4)", á vez que rexeita a disolución de Causa Galiza e Ceivar como pedira o Ministerio Público.

Comentarios