Adolfo de Abel Vilela: ''A muralla de Lugo sempre foi apreciada. Por iso segue aí tras máis de 1.700 anos''

P: ¿Cales foron os principais cambios da muralla?
R: No século XIX produciuse unha reforma xeral e elimináronse as partes altas das torres. Só quedou A Mosqueira de forma simbólica. A construción do Reduto de María Cristina é outro dos grandes cambios.

P: ¿Nalgún intre da historia perigou o monumento?
R: Perigou pola deterioración normal ao longo dos anos, pero o Concello sempre a reparou, aínda en épocas de crise. Sempre houbo grande interese en mantela, tanto por razóns climáticas, porque cando non había edificios fóra esta servía de cortaventos; como por motivos fiscais, xa que nas portas se cobraban os impostos.

P: ¿Tamén cambiou a visión que dela ten a poboación?
R: A muralla sempre foi moi apreciada. Proba diso é que se trata dunha construción con máis de 1.700 anos e segue aí. No século XIX formáronse dous bandos: o que quería tirala para gañar espazo e o que non.

P: ¿En que medida afecta o tráfico da rolda á muralla?
R: Afecta, e non só os cimentos. Hai zonas, como na porta da Estación, onde poden verse as
pedras negras pola contaminación. É necesario cortar o tránsito de vehículos ata por unha cuestión estética.

P: ¿Que supuxo o nomeamento de Patrimonio da Humanidade pola Unesco?
R: En 1921 xa a declararon Monumento Nacional, o cal cortou a polémica sobre se se debía tirar ou non. O da Unesco vai un paso máis aló. E axuda á captación de turistas.

Comentarios