miércoles. 21.08.2019 |
El tiempo
miércoles. 21.08.2019
El tiempo

Adxudicadas en poxa pública por 260.000 euros varias propiedades de Marcial Dorado

Marcial Dorado, durante la celebración de un juicio. FERNANDO VILLAR (EFE)
Marcial Dorado, durante la celebración de un juicio. FERNANDO VILLAR (EFE)

O ático ubicado en Baiona alcanzou un prezo de 160.000 euros, máis dun 40 % que o marcado na partida

O Fondo de Bens Comisados procedentes de tráfico de drogas e outros delitos relacionados –que xestiona a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas– poxou este martes varios lotes de inmobles, entre os que se atopaban un conxunto de leiras rústicas e un ático que pertenceron no seu día a Marcial Dorado. 
Na poxa, que se celebrou nun hotel de Madrid, foron vendidas varias leiras situadas en Yllera de las Dueñas (Ávila) por 100.345,90 euros. Por outra banda, tamén se vendeu un ático situado en Baiona por 160.000 euros, un 42,60% máis que o prezo mínimo.

Ámbalas propiedades foron adxudicadas a particulares e foron comisadas a Marcial Dorado despois de que este fose condenado, en 2015, á pena de 6 anos de prisión por un delito de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico.

Outra das leiras comisadas a Dorado, a coñecida como Casa Jaureguízar, en Vilagarcía de Arousa, retirouse da poxa, xa que a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas chegou a un acordo co Concello de Vilagarcía. Así, o consistorio comprará o inmoble por 170.000 euros para destinalo a fins socioculturais.

RESTO DE LOTES

Na poxa pública celebrada este martes, na que participaron 92 licitadores, saíron a poxa 19 lotes, e só una das licitacións quedou deserta, a relativa a un inmoble en Alhaurín de la Torre (Málaga).

Polo resto de lotes, o Fondo de Bens Comisados por tráfico ilícito de drogas e outros delitos realacionados ingresará 1,8 millóns de euros, que se destinarán na súa meirande parte a programas de prevención, mellora da asistencia e reinserción social de persoas drogodependentes.

O total recadado supera nun 44,74% o prezo mínimo de adxudicación, cifrado en 1.274.825,68 euros (o prezo mínimo de adxudicación correspóndese co 70% do valor de tasación).

Nos últimos anos, aproximadamente o 70% destes ingresos dedicouse a este tipo de programas de redución da demanda e o 30% á redución da oferta (persecución do delito e actuacións policiais e aduaneiras). 

Adxudicadas en poxa pública por 260.000 euros varias propiedades de...
Comentarios