O alcalde de Corcubión anuncia medidas após o 'macrobotellón' na praia de Quenxe

O evento reuníu a  350-400 mozos que acabaron apedreando ós coches da Garda Civil cando lles augou a festa
Mozos fuxindo da Garda Civil. SER
photo_camera Mozos fuxindo da Garda Civil. SER

O alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua, anunciou a adopción de medidas após o macrobotellón que reuniu entre 350 e 400 mozos da comarca o pasado sábado na praia de Quenxe. 

"Non queremos que Corcubión se converta nun centro para macrobotellóns, así que imos tomar medidas", afirma o rexedor en declaracións a Europa Press. 

Ínsua, que advirte que a situación sanitaria do concello non é boa porque "hai bastantes casos" de covid, mostra a súa preocupación polo ocorrido xa que é "a segunda vez que pasa" que se reúnen mozas de toda a comarca para consumir alcol neste municipio. "A mocidade está fóra de si", lamenta. 

O maior momento de concorrencia do pasado sábado deuse pasada a medianoite, segundo o alcalde, ante o que actuou a Garda Civil e "din que– os mozos– apedrearon un coche", aínda que este extremo teno sen ratificar o primeiro edil. 

En todo caso, anuncia a adopción de medidas por parte do Consistorio e as forzas e corpos de seguridade, pondo o foco en que Corcubión non ten Policía Local pero xa fixo un chamamento á colaboración da Garda Civil, que "está a facer un gran traballo" pois "son poucos axentes" para "moito territorio" --prestan servizo "desde Fisterra até Carballo"-

Comentarios