O alcalde da Coruña modifica a súa axenda tras queimarse con aceite fervendo

Xulio Ferreiro ten a man completamente vendada tras o contratempo doméstico

La mano quemada de Xulio Ferreiro. TWITTER
photo_camera La mano quemada de Xulio Ferreiro. TWITTER

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, sufriu un accidente doméstico esta fin de semana, o que lle obrigou a modificar a súa axenda do día.

O primeiro edil do consistorio coruñés sufriu unha importante queimadura na súa man dereita cando desempeñaba labores culinarios para a súa familia no seu domicilio.

Xa somos dous 😅 pic.twitter.com/LIZTr6Cuag

— Xulio Ferreiro (@XulioFerreiro) 15 de abril de 2019

Segundo explicou Ferreiro aos xornalistas que se atopaban este lunescubriendo a actualidade municipal, ao virar unha tixola con aceite quente, este caeu sobre a súa man causándolle unha queimadura.

O rexedor lucía este luns unha aparatosa vendaxe que lle cubría toda a man dereita, polo que nos próximos días terá que ser tratado polos sanitarios das súas feridas.

A consecuencia das citas médicas, tivo que adiantar este lunes a convocatoria prevista no Palacio de María Pita ás 13:15 horas ás 12:10 horas. 

Comentarios