Almuiña asegura que están "dispostos" a aumentar o cadro de enfermaría

Insiste en que o novo modelo de Atención Primaria para Galicia "vai ser de éxito" e destaca que "dúas comunidades solicitaron" o documento

El conselleiro de Sanidad, Jesús Vázquez Almuiña. CABALAR (EFE)
photo_camera El conselleiro de Sanidad, Jesús Vázquez Almuiña. CABALAR (EFE)

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manifestou este venres que están "dispostos" a aumentar o cadro de enfermaría "se se incrementan" as "tarefas" a realizar por este colectivo no marco do novo modelo da Atención Primaria en Galicia. 

A preguntas dos medios con motivo dunha visita ás obras do novo centro de saúde de Paderne de Allariz (Ourense), o titular de Sanidade asegurou este venres que co borrador presentado esta semana a profesionais sanitarios van "no bo camiño" e aclarou, ante críticas por parte do colectivo de enfermaría, que están "a ver ese labor que vai potenciar" o seu "papel". 

Así, valorou que "hai debate" e incidiu na "idea" de "como facer unha atención que mellore a atención ao cidadán". "Se incrementamos as tarefas que vai facer enfermaría, iso pode leva a incrementar cadro. Estamos dispostos", afirmou. 

Nesta liña lembrou que xa crearon "enfermeiras especialistas en Medicamento de Familia e pediatría". "Estamos a dar un plus a maiores", abundou para lembrar que se crearon prazas desas especialidades en áreas sanitaria de toda Galicia. "Imos avanzando, dando pasos, tomamos medidas", subliñou, para sentenciar que Galicia vai "por diante de practicamente todas as comunidades de España".

Sobre o borrador para o novo modelo de Atención Primaria para os próximos 25 anos, o conselleiro de Sanidade resaltou que se trata de "un modelo de futuro, con moita colaboración e achega de todos". "Creo que vai ser de éxito", insistiu.

MELLORAR 
Por iso, lembrou que o documento, ao que se poden presentar alegacións até o día 28 de febreiro, inclúe "75 accións a curto prazo" que serán avaliadas en "seis meses", así como outras a medio e a longo. 

Almuiña asegurou que "xa dúas comunidades autónomas" solicitáronlle a Galicia este documento "porque viron que pode ser moi útil no resto". "É algo que está a pasar en toda España", dixo en relación á situación da Atención Primaria, para concluír que "hai elementos que hai que mellorar". 

Comentarios