jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Álvaro Santos dimite como secretario provincial do PSOE de Lugo

Gonzalo Caballero y Álvaro Santos. J. VÁZQUEZ
Gonzalo Caballero y Álvaro Santos. J. VÁZQUEZ

Recoñece que non hai "boas relacións" coa dirección galega e defende a súa xestión ► Seguirá como edil en Lugo

O ata agora portavoz do goberno da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, anunciou este luns a súa dimisión como secretario provincial do PSOE, unha decisión que achacou a cuestións "políticas". 

Nunha comparecencia ante os medios, o que era secretario provincial do PSOE en Lugo desde decembro de 2017 reivindicou que "sempre" actuou con lealdade, "compromiso e traballo". 

Álvaro Santos tivo nos últimos tempos desavinzas coa dirección autonómica do PSOE ao manter o seu apoio a que Darío Campos continúe como presidente da Deputación de Lugo, fronte aos que apoian para o posto ao alcalde de Monforte, José Tomé. 

Na súa comparecencia deste luns, Santos recoñeceu que "non hai boas relacións coa dirección galega". Ademais, o pasado venres pedira publicamente ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, que explicase os motivos polos que cre que "a Deputación necesita un cambio de rumbo".

MALA RELACIÓN DESDE HAI TEMPO. Santos recoñeceu que no seu momento, desde a dirección galega, xa o cominaron a retirarse das primarias que acabou por gañar e, desde entón, aínda que asegurou que sempre "tendeu a man" para tratar de abrir liñas de diálogo e acordos, non foi correspondido.

"Non vou ser cómplice da división do PSOE. Voume para que Álvaro non sexa un problema. Agora veremos se era un problema ou era unha escusa", engadiu o xa exsecretario xeneral do PSdeG lucense, quen tamén quixo agradecer o traballo e "a lealdade" dos seus compañeiros na executiva provincial.

Defende a súa xestión
Por outra banda, Santos defendeu a súa xestión á fronte do partido, a cuxa dirección provincial chegou o 22 de decembro de 2017 logo de imporse nun proceso de primarias, porque "a pesar doutros discursos", opina que deixa ao PSDEG nunha situación política moito mellor da que se atopou a súa executiva.

Asegurou que, nalgúns aspectos, os membros da súa executiva atopáronse "un páramo deserto", ata o punto de que incluso houbo que actualizar "a base de militantes". Segundo Santos, dicíase que o partido estaba "na Uci", pero en dous anos conseguiu "uns resultados históricos nas eleccións xerais", os mellores da última década, e recuperou os dous deputados por esta provincia.

Despois chegaron as eleccións locais e, a pesar de que se dicía que "o Partido Socialista había tocado teito" en 2015, tras "perder 5.000 votos", na última convocatoria o PSdeG "conseguiu melloralos" e facerse con 27 alcaldías e sumar 272 concelleiras, unha cifra tamén "histórica", porque "nunca tivo tantos".

De feito, recordou que tras as municipais do pasado 26 de maio o Partido Socialista ten "responsabilidades de gobiern"¿ nos municipios que agrupan o 65% da poboación da provincia, dado que ostenta o "39% das Alcaldías", a segunda porcentaxe máis alto de Galicia, só por detrás da Coruña.

É máis, Santos aclarou que o PSOE recuperou Foz grazas a unha "aposta persoal" e gañou por primeira vez en Vilalba, o municipio natal de Manuel Fraga, e aínda que perdeu a de Sarria, asegurou que optou por unha "vía" de confluencia que seguramente lles deu a vitoria aos socialistas nese municipio, pero que "non foi permitida" pola dirección galega.

Ademais, recordou que tamén está en disposición de gobernar de novo na Deputación de Lugo mediante un acordo co BNG.

En canto á Deputación Provincial, afirmou que o secretario xeral do PSdeG debe "falar claramente" e dicir que quere facer nunha institución que agora si "está estabilizada e normalizada", porque segundo a información que manexa, Gonzalo Caballero garante "imparcialidade", pero o seu "secretario de Organización", José Antonio Quiroga, di outra cousa.

Seguirá como edil en Lugo
Álvaro Santos seguirá como concelleiro no Concello de Lugo, porque ten "unha responsabilidade cos cidadáns" e asegura que non vai permitir "que esta situación orgánica inflúa no traballo que ten que facer nas institucións públicas".

"Teño un compromiso político do que vou seguir formando parte", engadiu, sen "obstaculizar o traballo nin a toma de decisións" dos compañeiros.

"Os cargos non nos pertencen", engadiu os propio Santos, quen non se descartou para volver concorrer a outro proceso de primarias no Partido Socialista.

Álvaro Santos dimite como secretario provincial do PSOE de Lugo
Comentarios