Ana Belén García Vidal ingresou este martes como nova deputada do Grupo Parlamentario do Partido Popular de Galicia ocupando o escano que deixou libre a exconselleira Beatriz Mato, quen anunciou o pasado mes de decembro a súa saída da política.
Ao comezo do pleno ordinario que na mañá deste martes deu comezo no Pazo do Hórreo, García Vidal prometeu o seu cargo como parlamentaria do grupo maioritario.
Natural de Noia e residente neste municipio coruñés, García Vidal é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e foi concelleira no Concello de Noia entre os anos 2015 e 2019.