sábado. 22.01.2022 |
El tiempo
sábado. 22.01.2022
El tiempo

Ana Miranda: ''En algunos plenarios ya intervine más que otros en este mandato''

Ao mes de tomar posesión do escano rotatorio no Parlamento Europeo, Miranda dá conta dun traballo ''moi positivo''. Evita dictames sobre o difícil momento que atravesa o BNG pero pon deberes á Xunta: ''Hai que moverse''.

Pregunta: Este é o ano clave para a negociación sobre os fondos europeos do novo período 2014-2020 e as mensaxes que se transmiten son de satisfacción. ¿É así?
Resposta: Non está todo conseguido, porque xa son dous os estados –Reino Unido e Portugal– que se opoñen aos territorios en transición, nos que entraría Galicia. Hai que dar
o debate no PE, e a posición galega limítase a ir a Bruxelas para dar conferencias divulgativas... É necesario un traballo político moi forte e facer lobby, porque eses fondos nos corresponden por dereito. E que se movan as institucións, porque están paradas.

P: O BNG ve insuficientes os 3.000 millóns que pide a Xunta. ¿Que cifra propoñen?
R: Aínda estamos no estudo das cantidades. O 8 de marzo temos unha reunión con expertos en política rexional de toda Europa sobre rexións en transición, e imos intentar presionar.

P: ¿Que balance fai deste mes?
R: O traballo é a continuidade do que facía anteriormente, pero con moitísima máis intensidade e responsabilidade. O balance inicial é moi positivo; nalgúns plenarios
xa intervín máis veces que outros deputados en todo o mandato.

P
: ¿Como ve o traballo dos outros eurodeputados galegos?
R: Cada un sabe os intereses que defende, se son máis españois ou máis vencellados con Galicia.

P: ¿Como se ven desde Bruxelas as convulsións internas do BNG?
R: Agora hai unha situación complicada, pero os que estamos nunha representación institucional continuamos o mandato. Por riba das cuestións internas do BNG está a cidadanía galega. O debate non é malo, a ver que pasa e esperemos que sexa bo. Eu
non penso deixar o Bloque. Fun elixida polo BNG e débome principalmente ao pobo galego.

Ana Miranda: ''En algunos plenarios ya intervine más que otros en...
Comentarios