DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMÍA

Antón Sánchez cre que Feijóo "escapou da realidade" con "promesas xa escoitadas"

Pleno estado de la Autonomia
photo_camera Antón Sánchez y Carmen Santos. PEPE FERRÍN

O portavoz de Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, asegurou que o discurso co que o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, abriu o Debate sobre o Estado da Autonomía estivo marcado por "promesas xa escoitadas e que se traduciron en nada" coas que tenta "escapar da realidade" que deixan "dez anos de goberno para uns poucos". 

En declaracións aos medios ás portas do hemiciclo tralo fin da intervención do mandatario autonómico, Sánchez cualificou a Feijóo do "presidente das multinacionais, da corrupción e do capitalismo de amiguetes", todos eles aspectos que, para o de Anova, tamén quedaron reflectidos nun discurso no que o popular tratou de "escapar da realidade con continuos ataques ao goberno central". 

Ademais, Antón Sánchez ironizou con que "quizais por falta de coñecemento do idioma", Feijóo dixo ao comezo da súa intervención que este sería a súa "derradeiro" debate e non "último", lembrando que en lingua galega o significado destas palabras é diferente, pois a primeira quere dicir que algo termina definitivamente. 

"Iso quere dicir que non haberá máis", indicou Sánchez, que engadiu que "é posible un futuro resolver os problemas que non resolveu" Núñez Feijóo. 

Comentarios