Los tres estudiantes acusados de agredir a la Policía en una protesta contra Bolonia, a juicio

En novembro do ano pasado, en pleno apoxeo das mobilización contra a implantación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), popularmente coñecido como 'Plan Boloña', ao redor de 300 estudantes manifestáronse polas rúas de Lugo detrás da faixa dos Comités --o sindicato maioritario dentro do estudantado galego--, que convocara concetracións en toda Galicia para queixarse "polo recorte no finanzamento universitario", como lembra o voceiro deste colectivo na cidade da Muralla, Antón Castro.

Así as cousas, a camiñata rematou ás portas da Subdelegación do Goberno, onde se lle deu lectora a un manifesto mentres algúns dos estudantes decidiron encadearse "de pés e mans".

Un grupo de policías vestidos de paisano que franqueaban o edificio administrativo "sacaron as porras e, sen mediar palabra, bateron neles para denunciar despois un atentado contra a autoridade contra persoas que estaban atadas e tiradas no chan", critica Antón, quen desempoa o caso porque o vindeiro luns, 12 de abril, tres dos mozos que se encadearon sentarán no banco dos acusados imputados por un delito de atentado contra a autoridade e por outro de coaccións.

A Fiscalía actúa de oficio
O fiscal, que actuará de oficio ao non ter presentado cargos nin a Subdelegación nin as FCSE --Forzas e Corpos de Seguridade do Estado--, considera que os mozos, ao concentrarse diante da sede do Executivo español en Lugo, impedían a saída á rúa das persoas que alí traballaban.

"Non estabamos na entrada principal, senón nunha secundaria cuxas portas fican pechadas toda a semana", conta o voceiro dos Comités lucenses, para a renglón seguido facer alusión ao paradoxo de que estean acusados de atentar contra a autoridade tres rapaces "que estaban encadeados, que non podían agredir a ninguén".

Polo mesmo, Antón entende que non hai base xurídica nas imputacións que levarán aos mozos ante o xuíz. E para facer fincapé nesta idea asegura que tivo acceso ao parte médico dos axentes que foron atendidos despois das supostas agresións: "O tratamento que lles deron para un diagnóstico de contusións foi lavar con auga e xabrón, e tomar un 'Termalgín' en caso de dor! Se iso é un atentado contra a autoridade...", denuncia.

Unha imputación sen base xurídica
O mozo ten claro que, por pertencer ás forzas de seguridade, os policías que se presentaron na Subdelegación aquel día de novembro "merecen respecto e todo o que ti queiras, pero non poden actuar contra alguén só porque non está de acordo con eles". Ademais dos tres estudantes que serán xulgados, dous mozos e unha moza, a manifestación deixou como balance tres feridos e oito identificados.

"Se agredes a un policía durante unha protesta o normal é que te deteña, pero no momento, non unha hora despois, cando ti lle advirtes de que presentarás cargos porque che pegaron sen motivo", como Antón recalca que aconteceu neste caso, sobre o que arrincará o xuízo a vindeira semana e no que o fiscal pide para os tres acusados unha pena de dous anos de cárcere e unha multa de 6.000 euros.

Os Comités confían en que da vista "non sairá nada", e lembran de novo que finalmente nin os axentes nin o persoal da Subdelegación presentaron cargos. Sen embargo, matizan que a imposición dunha pena, por leve que esta sexa, "son antecedentes, e unha multa económica cuantiosa tampouco poderiamos afrontala". O colectivo estudantil leva meses vendendo ao prezo de dous euros uns bonos-axuda "basicamente para facer publicidade do caso, aínda que co recadado puidemos afrontar os gastos dos avogados".

Comentarios