Atopan en Vigo á menor de 16 anos que desapareceu da súa casa en Ribeira

Agentes de la Policía Nacional durante un operativo. ARCHIVO
photo_camera A familia denunciara a desaparición ante a Policía Nacional. DP

A menor de 16 anos que desapareceu da súa casa en Ribeira na mañá deste domingo apareceu esta tarde en Vigo (Pontevedra). 

Fontes de SOS Desaparecidos confirmaron a Europa Press que os axentes encargados da procura atoparon á menor en Vigo, despois de que na mañá deste domingo os seus pais desen a voz de alarma á Policía Nacional. 

Cando se levantaron, a menor non estaba en casa. Tras interpor a denuncia, un operativo de procura despregouse pola zona de Ribeira, preto da parroquia de Carreira, onde vive. 

Os efectivos que a atoparon aseguran que se atopa ben e os seus pais desprazáronse ata a cidade para ir recollela. A teoría que máis forza cobraba é que a moza se fose de forma voluntaria, como así ocorreu.