O avogado do maquinista do Alvia chama "impresentable" a Blanco

Acusa ao exminstro de dar "prioridade á inauguración en lugar da seguridade"

Manuel Prieto. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera Manuel Prieto. LAVANDEIRA JR (EFE)

O avogado do maquinista do Alvia tachou de "impresentable" a intervención do exministro de Fomento José Blanco, ao que acusou de dar "prioridade á inauguración" da liña do tren sinistrado en Angrois por encima da seguridade.  "Foron palabras dun miserable e indigno representante político", aseverou Manuel Prieto, quen defende a Francisco José Garzón, o condutor que xunto ao exxefe de seguridade de Adif está investigado na causa polo accidente ocorrido en xullo de 2013 e no que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas. 

O letrado sinalou que "non esperaba que fose tan impresentable", ao lamentar que "insulta a unha eurodeputada que ten unha dignidade que el descoñece", por Ana Miranda (BNG), á que Blanco atribuíu "interpretacións torticeras". En concreto, o representante legal de Garzón censurou as palabras que o exministro dedicou ao seu defendido durante a súa comparecencia. 

"Di que o maquinista dá prioridade a unha chamada en lugar de frear, seguramente quería dicir que el deu prioridade á inauguración en lugar da seguridade", sentenciou. 

Comentarios