A Axencia de Doazón chama a doar sangue

Son especialmente necesarios os grupos B positivo e B negativo e Cero negativo
 
Vehículo de donación de sangre
photo_camera Vehículo de donación de sangue. ARQUIVO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados) fai un chamamento á cidadanía para doar sangue, en especial a persoas dos grupos sanguíneos B positivo, B negativo e Cero negativo, xa que as reservas destes presentan niveis baixos en Galicia. 

Por iso, informa Ados nun comunicado, "resulta necesario reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue" que levan a cabo en Galicia. 

Por iso, Ados convida os galegos "a continuar mostrando o seu carácter solidario para incrementar o número de doazóns". Respecto diso, indica que a demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios "non diminuíu" na situación actual, polo que apela á "colaboración e xenerosidade de todos" co fin de conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias. 

Co fin de facilitar a doazón, o dez unidades móbiles de Ados visitarán aos longo dos próximos días numerosos municipios galegos co fin de lograr "a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos". 

Este xoves haberá unidades móbiles nas localidades de Ferrol (Praza de España); Carballo; A Coruña (Novo Mesoiro); Santiago (Área Central); Ribeira; Lalín; Vigo (Príncipe); Monforte e Ourense (Rúa do Paseo). 

Mentres, este venres Ados enviará unidades móbiles a Ferrol (Praza de España), Carballo; A Coruña (zona Monte Alto); Ribeira (Aguiño); Ribadumia; Redondela; Monforte e Verín. 

Ademais, este sábado, 6 de febreiro, haberá unidades na Coruña (Monte Alto); Ribeira; Ribadumia; Redondela e Sobrado dos Monxes. Tamén lembra Ados que se pode doar sangue nos locais de doazón existentes no sete grandes cidades galegas. 

A Axencia de Doazón lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea a doar, "é recomendable" solicitar cita no teléfono gratuíto 900 100 828. 

Comentarios