Baixan a 448 os usuarios de residencias contaxiados en Galicia

O número de traballadores infectados con covid soben a 236
La residencia Paz y Bien de Tui
photo_camera A residencia Paz y Bien de Tui. GOOGLE

Os usuarios de residencias contaxiados con covid-19 en Galicia descenderon lixeiramente até os 448, o que supón nove menos que os contabilizados este luns, mentres que os traballadores con este virus aumentan a 236, catorce máis que a xornada anterior.

Así se reflicte nos datos facilitados este martes polas consellerías de Política Social e Sanidade, nos que se inclúen cinco novos positivos entre usuarios da residencia DomusVi Carballo; tres na Virxe da Clamadoira de Muíños e outros tanto na Nosa Señora do Carme de Sarria; así como dous na Residencia San José de Arzúa. 
A estes súmase un positivo en cada un dos seguintes centros: Residencia Padre Rubinos da Coruña, Residencia do Incio e Fogar Residencial de Cerdedo.

Por contra retíranse da listaxe por negativizar catro usuarios da DomusVi Vimianzo; tres da Residencia San José de Arzúa; cinco da DomusVi Ribeira; tres da Santa María de Verín; outro de Stella Maris de Nigrán e outro na Residencia 3ª Idade Moledo de Vigo.

Deste xeito, os centros con máis usuarios contaxiados son a Residencia DomusVi Carballo con 74; a Quercus de Leiro, con 69; a residencia Nosa Señora do Carme de Sarria, con 50; a Residencia de Ribeira, con 36; o Fogar Santa María de Verín e a Residencia A miña Casa de Pazos de Borbén, con 26 en cada caso; a Residencia Paz e Ben en Tui, con 22; a Residencia San José de Arzúa, con 16; a DomusVi Vimianzo, con 15; a Residencia de Bande, con 14; as residencias de Vilardevós e da Pastoriza, con 12 en cada caso; e a Virxe da Clamadoira de Muíños, con 11.

A estas súmase a Residencia San Bartolomeu de Xove con dez e con menos dunha decena atópase outra vintena de centros na Comunidade galega.

TRABALLADORES

En canto aos traballadores de residencias con covid ascenden a 236, 14 máis que a xornada anterior, despois de detectarse 27 novos positivos e 13 altas por negativizar.

En concreto, detectáronse oito positivos en traballadores da DomusVi Carballo; cinco na miña Casa de Pazos de Borbén; dous na San José de Arzúa; outros dous na DomusVi Chantada; outros dous na Residencia de Maiores de Bande e outros dous na Nosa Señora de Mundil de Cartelle.

A estes súmase un positivo dun empregado nos seguintes centros: Santa Olalla de Boqueixón, As Gándaras en Lugo, Residencia do Incio, DomusVi Viveiro, Residencia de Covelo e Residencia As Angélicas de Vigo. 
Mentres, deron negativo dous traballadores da Residencia San José de Arzúa; cinco na Paz e Ben de Tui; tres da DomusVi Chantada; outro na DomusVi Ferrol; outro na Santa María de Verín e outro na miña Casa de Pazos de Borbén.

Deste xeito, entre os centros con máis traballadores contaxiados inclúense a DomusVi Carballo, con 29; a Residencia da Pastoriza, con 23; a Paz e Ben en Tui, con 21; a Quercus de Leiro, con 15; a DomusVi de Vimianzo; o Fogar Santa María de Verín, 11; e a San José de Arzúa, con 10. A estes súmase máis de medio centenar con menos dunha decena de casos.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Pola súa banda, nos centros de atención á discapacidade (CAPD) de Galicia soben a 97 os usuarios contaxiados, tras detectarse un contaxio na residencia para persoas con discapacidade Pai Menni de Betanzos.

Deste xeito, a Residencia Adultos Pai Menni de Betanzos rexistra 53 positivos; a Nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente, 41; aos que se suman un na Residencia do Imserso en Bergongo, outro na DomusVi Bóveda e outro na Ricardo Baró de Oleiros.

En canto aos traballadores destes centros, mantéñense sen cambios en 43 os contaxiados. Deste xeito, hai 21 traballadores contaxiados na Pai Menni de Betazos; 10 na nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente; tres na Residencia do Imserso en Bergondo e dous na Aspace de Sada e outros dous na DomusVi Bóveda, mentres que outro cinco centros presentan un caso.

Comentarios