Baixan a 53 os casos de covid nas residencias galegas de maiores

Deles, hai 38 usuarios contaxiados e 15 traballadores
Un usuario de una residencia. PIXABAY
photo_camera Un usuario dunha residencia. PIXABAY

Os casos de covid-19 nas residencias de maiores de Galicia seguen en descenso e caen a 53, despois de catro novas altas, deles 38 corresponden a usuarios e 15 a traballadores.

Así consta nos datos actualizados este luns polas consellerías de Sanidade e Política Social, que destacan que non se rexistraron novos casos positivos, mentres que saen da lista por negativizar un usuario da residencia DomusVi Laraxe de Cabanas e outro do Casón de Moeche.

Deste xeito, os centros DomusVi Laraxe e Mi Casa Ferrol rexistran 14 casos cada un entre os usuarios; a Residencia Milagrosa da Coruña, cinco; e cun cada unha atópanse as residencias DomusVi Carballo, O Casón de Moeche, Residencia de Viana do Bolo, Fogar Residencial Xardín Castro Lar de Salceda de Caselas e Vivenda Comunitaria Urzáiz en Vigo.

En canto aos traballadores, rexistráronse senllas altas nas residencias da Pastoriza e DomusVi Ribadumia. Por tanto, a DomusVi Laraxe de Cabanas conta con catro casos de Covid entre o seu persoal; con dous inclúense Mi Casa Ferrol e San José de Arzúa. Mentres, cun en cada caso atópanse o Fogar Residencial de Cerceda, Residencia de Maiores de Caranza, Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, Servisénior Brión, As Gándaras de Lugo, Nosa Señora do Carme de Sarria e San Bartolomeu de Xove.

CENTROS DE DISCAPACIDADE. Pola súa banda, os centros de atención á discapacidade mantéñense sen cambios con catro usuarios con Covid; deles dous na Residencia Adultos Pai Menni de Betanzos, un na Aspanaes das Pontes e outro na Nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente.

Tamén os traballadores con covid destes centros mantéñense sen cambios cun único caso na Residencia DomusVi Bóveda.

Comentarios