miércoles. 15.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 15.07.2020
El tiempo

Bará, Rodil e Presas repiten como cabezas de lista do BNG

El diputado del BNG Luís Bará. GONZALO GARCÍA
El diputado del BNG Luís Bará. GONZALO GARCÍA
A dirección do partido premia desta forma o traballo dos seus parlamentarios ►A súa portavoz, Ana Pontón, encabeza a candidatura pola Coruña

A dirección do Bloque Nacionalista Galego (BNG) premiou o traballo parlamentario realizado na lexislatura que acaba de finalizar e situará a Olalla Rodil, Noa Presas e Luís Bará como cabezas de lista por Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente.

A súa candidata á Xunta e portavoz nacional, Ana Pontón, encabeza a candidatura pola Coruña, de maneira que os nacionalistas colocan a mulleres como primeiras nas listas de tres do catro circunscricións, algo que xa avanzara a dirixente nacionalista ao asegurar que as mulleres terían un protagonismo relevante nas candidaturas.

O Consello Nacional aprobará este sábado, 29 de febreiro, as listas coas que o BNG concorrerá á cita electoral de próximo mes de abril, sobre as que a portavoz nacional e candidata á Presidencia avanzou renovación, mocidade e experiencia.

Non en balde, os membros do actual grupo parlamentario repetirán nas candidaturas. Así, ademais da cabeza de lista, tamén estarán Montse Prado, na candidatura de Pontevedra –de segunda–, e Xosé Luís Rivas Mini, na da Coruña, como número dous.

O Bloque, con todas as enquisas en contra e unha situación complicada após as escisións de 2012, logrou situarse no Parlamento de Galicia con grupo propio e seis deputados, que agora ven premiados polo traballo realizado.

A Executiva Nacional reuniuse este mércores para deseñar a proposta de candidaturas que levará ao Consello Nacional do sábado. Esta proposta realizouse despois de ouvir ás asembleas de base.

Bará, Rodil e Presas repiten como cabezas de lista do BNG
Comentarios