Beiras reaparece para dar o seu apoio a Fernán Vello en Lugo

O veterano dirixente estivo na presentación da candidatura de Galicia en Común na provincia
Beiras, en su reaparición en Lugo. ELISEO TRIGO
photo_camera Beiras, na súa reaparición en Lugo. ELISEO TRIGO

O histórico Xosé Manuel Beiras reapareceu este domingo aos 84 anos para encarar unha nova campaña electoral. O seu primeiro acto foi en Lugo, na Praza do Campo Castelo, no que arroupou a Miguel Anxo Fernán Vello, número un da candidatura de Galicia en Común-Anova-Mareas pola provincia de cara ás eleccións do 12 de xullo.

"É o momento de traballar cidadáns e non contra os cidadáns", adiantaba Beiras nun tuit previo ao acto, no que tamén interviñeron tamén José Manuel Pérez, Carla Bolaños e Vanessa Somoza. 

Acto de Galicia en Común en Lugo. ELISEO TRIGO

Comentarios