Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

O BNG denuncia "deturpacións toponímicas" no mapa turístico da Coruña

Praia de Orzán. AEP
Praia de Orzán. AEP

Dende a formación nacionalista esixen a edición dun novo

O Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña denunciou a existencia de "deturpacións toponímicas" no mapa turístico da cidade e esixiu ao goberno da Marea Atlántica que faga unha nova edición. 

Nun comunicado, os nacionalistas denuncian que o mapa editado a finais de agosto "contén innumerables deturpacións toponímicas de lugares da cidade", así como doutras localidades galegas. 
"Ademais de editarse a finais da tempada estival e non no seu comezo, edítase cun grave incumprimento e falta de respecto da nosa toponimia", sinalan os nacionalistas. 

Como exemplos, cita a inclusión de termos en castelán como 'Playa de las Dormideras', 'Los Castros', 'La Cubela", 'Punta de los Pelamios', 'Playa del Moro', 'Playa del Orzán', 'Playa de las Lapas', o 'Playa del Lino'. 

Por iso, esixen ao goberno da Marea Atlántica "a retirada inmediata deste mapa, tanto da páxina web como das súas versións en papel, e a edición dun novo con todos os nomes na súa única forma correcta". 

O BNG denuncia "deturpacións toponímicas" no mapa turístico da Coruña
Comentarios