miércoles. 08.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.07.2020
El tiempo

O BNG alerta da "afluencia masiva" de turistas a Galicia pola falta de control

A praia da Fonte, en Vigo, abarrotada de xente a pasada semana. SALVADOR SAS (EFE)
A praia da Fonte, en Vigo, abarrotada de xente a pasada semana. SALVADOR SAS (EFE)

"Chegan en automóbiles, autoracaravanas e transportes públicos sen ningún tipo de restrición", afirma Néstor Rego

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou que a "falta de control" permite que a costa galega estea a recibir unha "afluencia masiva" de turistas nas últimas semanas, que "chegan en automóbiles, autoracaravanas e transportes públicos sen ningún tipo de restrición".

Nun comunicado remitido aos medios, Rego asegura que moitas destas persoas proceden de provincias que aínda se atopan na fase un da desescalada e avisa de que isto supón "un importante risco de rebrotes". Por iso, censura que o Goberno do Estado, que asumiu para si as competencias en restrición da mobilidade, "non está a cumprir coa súa responsabilidade".

O parlamentario do Bloque considera que isto resulta "máis incomprensible" cando houbo unha "teimosía non xustificada en negar a posibilidade de moverse entre as provincias galegas, a pesar de que están todas na mesma fase".

"Nas primeiras previsións do Goberno establecíase que a mobilidade dos cidadáns entre provincias só permitiríase unha vez terminadas todas as fases de desescalada e, así, no momento no que Galicia pasaba a fase dúas, o Goberno negaba a posibilidade de mobilidade interprovincial dentro do noso país", sinala Néstor Rego.

O deputado no Congreso denuncia a incoherencia de non permitir a libre mobilidade en todo o territorio galego mentres que "non se actúa para impedir os movementos procedentes de todo o Estado de miles de persoas cara ás costas galegas a pesar de que son irregulares e supoñen un risco importante".

O BNG alerta da "afluencia masiva" de turistas a Galicia pola falta...
Comentarios