O BNG pide á Xunta que explore a adhesión do Bierzo a Galicia

Os nacionalistas demanda resalta a "vontade" do "pobo berciano" e de formacións políticas e movementos sociais de cambiar de comunidade
Saída ao Bierzo, antes de entrar en Galicia.AEP
photo_camera Saída ao Bierzo, antes de entrar en Galicia.AEP
O BNG presentou este xoves unha proposta no Parlamento de Galicia na que insta á Xunta a estudar unha posible adhesión do Bierzo á comunidade autónoma galega.

A deputada do BNG, María Albert, acompañada do secretario xeral de Coalición polo Bierzo, Iván Alonso, compareceron en rolda de prensa para explicar esta iniciativa rexistrada por petición da formación berciana co fin de abrir un proceso de diálogo que explore as opcións de encaixe territorial do Bierzo, partindo do seu recoñecemento como provincia e a súa incorporación a Galicia.

Segundo explicou a deputada do BNG, esta demanda conta "con ampla base" social que xorde da "vontade" do "pobo berciano", como recollen distintos estudos demoscópicos publicados nos últimos tempos e que foi apoiada por diferentes formacións políticas e movementos sociais.

A nacionalista insistiu en que varios estudos reflicten a opción prioritaria da unión do Bierzo a Galicia como quinta provincia antes que a conversión nunha provincia de Castela e León.

Neste sentido, destacou que as comarcas do Bierzo, Valdeorras e zonas limítrofes coa provincia de Lugo, manteñen importantes vínculos nos ámbitos de infraestruturas, turismo, emprego e sanidade, organización territorial que justifican esta proposta.

Así, lembrou que mesmo a Constitución española admite a posibilidade de modificar os límites provinciais, variación que debe ser aprobada polas Cortes Xerais.

Pola súa banda, o secretario xeral de Coalición polo Bierzo agradeceu ao Bloque que leve esta proposta ao Parlamento galego porque trátase, dixo, de que os bercianos falen e téñase en conta a súa opinión, pondo en marcha todas as artes democráticas e constitucionais.

Comentarios