viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

O BNG ve unha "labazada" ás vítimas do franquismo non recorrer o fallo de Meirás

Ana Pontón. XOÁN REY (Efe)
Ana Pontón. XOÁN REY (Efe)
Pide ao Goberno que rectifique e di que a Xunta, ao adoptar a mesma decisión, ampara "os intereses ilexítimos" do Franco

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou como unha "labazada á memoria democrática e ás vítimas do franquismo" asumir que os Franco estiveron no pazo de Meirás de "boa fe" e non recorrer a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña. Por iso, pediu ao Goberno de Sánchez que rectifique esta "errática decisión".

Fíxoo en declaracións aos xornalistas e ás portas do pazo de Meirás, onde insistiu en que os galegos e as galegas non poden pagar "dúas veces" para que se lle devolva un inmoble "roubado polo Franco". "Xa pagamos e dunha maneira moi deshonrosa", dixo sobre o procedemento seguido para a obtención do pazo por parte do ditador.

E fronte a unha "sentenza vergoñosa" –engadiu sobre un fallo que entende que houbo "boa fe" nos herdeiros do ditador e que lles recoñece o dereito a unha indeminización polos gastos contraídos desde 1975–, insistiu na necesidade de recorrer para evitar un "agasallo xurídico" aos mesmos.

"O principal problema desde o punto de vista xurídico é que lle abre o camiño aos Franco para que, en instancias superiores, poidan darlle a volta á sentenza que, por primeira vez, recoñeceu que este pazo fose expoliado e roubado polos Franco", apuntou en referencia á ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña que determinou a devolución do inmoble ao patrimonio público e considerou que houbo "mala fe".

RESPOSTA POLÍTICA E XURÍDICA

Sobre a posterior da Audiencia da Coruña –que ratifica a devolución do pazo, pero obriga a pagar unha indemnización–, Pontón manifestou que é "inconcibible que esta sentenza non reciba resposta política e juridica. "Política porque dicir que estiveron de boa fe é darlle unha labazada á memoria democrática e ás vítimas do franquismo", insistiu. A iso, sumou a xurídica ao argumentar que non se pode asumir "que ocuparon o pazo durante 40 anos de boa fe".

Por todo iso, instou ao Goberno de Sánchez a non "romper a unidade e o clamor social" para que non se pague ao Franco "nin un só euro". "Só hai dous lados: defender a dignidade ou a defensa dos intereses dos Franco".

Así mesmo, esixiu ao Goberno que "desminta con feitos" as especulacións sobre un posible "pacto oculto" entre o Executivo central e os herdeiros do ditador "para non presentar este recurso".

Pontón estendeu ademais as súas críticas á Xunta ao argumentar, en resposta ao posicionamento do Goberno galego, que "parece que quere amparar os intereses ílegitimos da familia Franco no canto de porse ao lado da memoria histórica".

Fronte a iso, a nacionalista, que aludiu ás iniciativas tanto no Parlamento galego como no Congreso do BNG a este respecto, valorou que institucións como a Deputación da Coruña, ou os concellos de Sada e A Coruña confirmasen a súa intención de recorrer.

O BNG ve unha "labazada" ás vítimas do franquismo non recorrer o...
Comentarios
ç