A Policía Local de Santiago abriu dilixencias para identificar os mozos que na pasada fin de semana, de madrugada, arrincaron un farol pendurado nun soportal na céntrica Praza do Toural. Os axentes teñen ao seu dispor un vídeo gravado polos propios rapaces no momento dos feitos e, como informou a TVG, subido por eles a internet.
Uns mozos arrancan e rouban unha lámpada dun soportal da Praza do Toural, en Santiagohttps://t.co/zLkxKgStCL pic.twitter.com/ZmIzU5b7Lq
— TVG (@TVGalicia) 21 de abril de 2019
Tras descolgar a lámpada, os mozos levárona consigo, aínda que despois acabaron por deixala abandonada. De feito, a Policía Local xa a recuperou. Está previsto que o farol se volva instalar no seu lugar cando finalicen as pesquisas.