Buscan un veciño de Ribeira, desaparecido desde este sábado

Francisco José Martínez saíu da casa da súa parella e desde aquela non volveron saber del

 Francisco José Martínez. TVG
photo_camera Francisco José Martínez. TVG

Achegados de Francisco José Martínez chaman á colaboración cidadá para localizar a este veciño de Ribeira que leva desaparecido desde este sábado, cando saiu da casa da súa parella.

Desde o seu entorno entorno informan de que non está a atravesar un bo momento ao atoparse no paro e non percibir ningunha axuda.