jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Caballero na Fonsagrada: "Galicia é moito, pero Galicia vai a menos con Feijóo"

Gonzalo Caballero acudiu á feira con outros socialistas como Carlos López, José Tomé, Carmela Silva o Abel Caballero, entre outros. EUROPA PRESS
Gonzalo Caballero acudiu á feira con outros socialistas como Carlos López, José Tomé, Carmela Silva o Abel Caballero, entre outros. EUROPA PRESS
O candidato do PSdeG erixiu o seu partido en "garantía da defensa do Estado do benestar" fronte aos "recortes" de Feijóo 

O secretario xeral do PSdeG e candidato á Xunta, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento este domingo á Galicia que "defende o Estado do benestar" fronte ás políticas de "recortes" que representa o Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo. Así o manifestou durante a súa visita á XXIII Feira do Butelo da Fonsagrada, na que tamén participaron o alcalde do municipio, Carlos López; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; a súa homóloga en Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e outros cargos socialistas. 

Coa vista posta nas eleccións autonómicas do 5 de abril, o líder do PSdeG-PSOE insistiu en que Galicia "necesita un novo tempo político", porque os galegos "non poden seguir sendo reféns dos recortes" do actual Goberno. Así, parodiando un das lemas de precampaña do PP ('Galicia é moito'), Caballero dixo que "Galicia é moito, pero Galicia vai a menos con Feijóo". "Déixanos unha sanidade peor, déixanos unha educación pública peor, déixanos menos atención aos nosos maiores", enumerou o candidato socialista.

O candidato do PSdeG visitou a Feira do Butelo con outros cargos do partido

O PSDEG, UNHA "GARANTÍA". Por iso, apostou por que a carreira cara ao 5 de abril sirva para "decidir o futuro" da comunidade, para o que "o Partido Socialista é a garantía da defensa do Estado do benestar". Non en balde, xusto unha semana despois da multitudinaria manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago, Gonzalo Caballero apelou á "Galicia real, unha Galicia que quere cambio, unha Galicia distinta á Galicia que quere publicitar e promocionar Feijóo subido ao coche oficial". 

Ademais do ámbito sanitario, o candidato do PSdeG-PSOE puxo o foco nos desequilibrios territoriais e cargou contra o "ralentí" no que o PP "meteu ao mundo rural". Por iso, Caballero adquiriu o "compromiso de impulsar o conxunto do país" para que "corra á mesma velocidade". 

Caballero na Fonsagrada: "Galicia é moito, pero Galicia vai a menos...
Comentarios