Paquita, unha cabra hermafrodita nada na serra da Grova

O alumeamento tivo lugar hai dúas semanas
Paquita, a cabra hermafrodita. TWITTER TVG
photo_camera Paquita, a cabra hermafrodita. TWITTER TVG

Paquita, coma así foi bautizada, naceu hai dúas semanas cunha característica moi particular: o hermafroditismo. Así, a cabra posúe os dous órganos reprodutivos, peculiaridade herdada da súa nai. 

Segundo informa a TVG, o alumeamento, ocorrido nunha explotación gandeira da serra da Grova, encheu de satisfacción aos seus donos. Neste sentido, Celestino Barreiro asegura que Paquita "é moi vergonzosa", malia que "de carácter vai ben e medra moi ben, neste momento igual xa pesa catro quilos en bruto, a nai é moi boa e ven dunha xenética moi boa". 

A maiores, Tino salienta a importancia dos seus animais para o equilibrio do ecosistema, dado que limpan "unhas 100 ou 120 hectáreas" de terreo, o que contribúe á prevención dos incendios. 

Comentarios