A casa de Dorribo leva dous anos en venda polo mesmo prezo e ninguén a compra

A mansión en Santa Mariña de Muxa sufriu múltiples espolios

 

Piscina de la casa de Santa Mariña, antigua residencia de Jorge Dorribo.AEP
photo_camera Piscina de la casa de Santa Mariña, antigua residencia de Jorge Dorribo.AEP

A que un día foi a mansión de Jorge Dorribo, en Santa Mariña de Muxa (O Corgo), leva máis de dous anos á venda por preto de 400.000 euros e ninguén a compra. O estado no que se atopa o inmoble tras os sucesivos espolios e a propia estrutura do mesmo (o empresario levantou varias edificacións á marxe da principal, co cal o arranxo é moi complicado) fan que non haxa interesados. Desde o principio encárgase de comercializala a inmobiliaria dun banco, que adoita recibir chamadas interesándose polo prezo, aínda que a maioría só son por curiosidade porque moi poucas persoas visitaron a leira coa intención de adquirila.

A mansión do dono da extinta Nupel constaba da vivenda orixinal e logo de varias casas construídas para os invitados. Tamén inclúe garaxes individuais para os numerosos coches que posuía Dorribo, unha capela e unha piscina climatizada con zonas para comer ao redor. El Progreso publicou unha reportaxe fotográfica o 19 de xuño de 2016 e por entón xa se informaba de que o prezo era de algo menos de 400.000 euros. Pese ao pouco interese dos posibles compradores, o importe non variou.

Dorribo foi condenado a 5 anos e 11 meses polo caso Campión, despois de recoñecer os feitos e aceptar a pena, e declarouse insolvente para pagar as indemnizacións.

Comentarios