Un total de catro persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencia, unha delas en helicóptero medicalizado, ao chocar os coches nos que viaxaban na estrada que vai de Malpica a Ponteceso, informou o 112.
Esta central tivo constancia do accidente ás 11:45 horas da mañá deste sábado debido á chamada dunha persoa particular.
Os feridos atopábanse liberados e accesibles, aínda que, debido á gravidade das lesións dun dos implicados, foi necesaria a súa evacuación a través da aeronave medicalizada. Os outros tres ocupantes foron trasladados en ambulancia ata o hospital.
Ademais do persoal sanitario, colaboraron no operativo o GES de Ponteceso e a Garda Civil de Tráfico.
Os Bombeiros de Bergantiños, a Policía Local e os membros de Portección Civil tamén foron informados.