Chega a Bio Investor Academy, un proxecto para emprendedores e empresas

O proxecto Bio Investor Programa promovido e financiado pola Axencia Galega de Innovación (Gain), e no que colaboran Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida e o Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, está a desenvolver a Bio Investor Academy. Isto é, unhas actividades de formación e mentorizaxe con 10 proxectos biotecnolóxicos, que lles permite os emprendedores e as empresas seleccionadas analizar, completar e mellorar o seu plan de negocio.

O obxectivo da Bio Investor Academy é facilitarlles os proxectos o acceso á captación de financiamento, fundamentalmente do sector privado, mediante a presentación do seu estudo ante un conxunto de investidores baixo o esquema networking.

O equipo docente está formado por Eladio Crego, consultor senior en EFT Consultores, Jesús Díaz, consultor senior en Estratega Consulting Global, e Judith Saladrigas, asociada senior e responsable de Innovación en Rosaud Costas Duran. Entre os proxectos seleccionados destacan empresas biotecnolóxicas innovadoras no sector saúde e medio ambiente, algunhas integradas no Cluster Bioga, e proxectos incubados na Universidade de Santiago de Compostela e na Fundación Ramón Domínguez.

A formación recibida na Bio Investor Academy facilitará os proxectos con maior potencia de acerabilidade participar no Bio Investor Day, Lonxa de Financiamento que alcanza a súa cuarta edición. A Lonxa, impulsada por Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, celebrarase o próximo 10 de xullo nas instalacións de Tecnópole (Ourense), xornada durante a cal terán lugar as rondas de presentación dos proxectos e encontros bilaterais privados entre os fondos e as empresas interesadas.

Comentarios