Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

Ciudadanos anunciará a finais de ano os seus candidatos para as eleccións municipais en Galicia

La portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao. XOÁN REY (EFE)
La portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao. XOÁN REY (EFE)

A formación laranxa denuncia o "déficit" de pediatras na comunidade e pide á Xunta "que saque novas prazas" neste servizo

Ciudadanos Galicia anunciará a finais de ano os seus candidatos para as próximas eleccións municipais de 2019. A portavoz da formación laranxa na Comunidade, Olga Louzao, asegurou que xa "hai" nomes, cos que buscarán "entrar nos Concellos" nos que aínda non teñen presenza e "crecer" nos que xa están.

En declaracións aos medios, explicou este luns que Ciudadanos "segue abrindo" durante estas semanas as sedes en varios municipios, tal e como o fixeron "a semana pasada" en Redondela (Pontevedra). "A implantación é moi numerosa", asegurou Louzao. "Falta un ano no que se está traballando moitísimo para que sexan candidaturas do que é Ciudadanos, que poidan ofrecer unha política moito máis próxima, unha política que soluciona problemas, unha política útil que botamos de menos dos actuais gobernos", manifestou.

Así, a portavoz asegurou que "só falta" dar a coñecer os nomes, "pero o importante non son as caras senón todo o programa e que se dediquen a traballar". "Para iso estamos os políticos", sentenciou.

AUTONÓMICAS DE 2020. Preguntada sobre se contan cun candidato para as eleccións autonómicas de 2020, Louzao declarou que "en ningún momento" se falou diso en Ciudadanos Galicia porque, prosegue, "queda un tempo prudencial" para as urnas.

Ademais, adiantou que, como no resto de autonomías, a formación laranxa elixirá o seu candidato nun proceso de primarias. No entanto, insistiu en que "non é cuestión de nomes senón de traballo".

"DÉFICIT" EN PEDIATRÍA. Todo iso declarouno Louzao ante os medios tras rexistrar no Parlamento galego unha pregunta en relación ao "déficit" de pediatras na comunidade: "Queremos saber que medidas vai adoptar a Xunta para paliar isto e tamén que ten pensado facer cos prexuízos provocados ás familias que non contan con este servizo preto da súa casa".

"Moitos colectivos profesionais están a alarmarnos desta situación que se produce ao longo do ano", expresou para, a continuación, censurar que estas circunstancias "se agravan moito máis" durante o verán.

Así mesmo, a formación laranxa solicitou ao Goberno galego que "saque novas prazas" para "encher de xente nova" o servizo de pediatría. E é que, segundo os seus números, a idade media destes profesionais en Galicia sitúase "ao redor dos 60 anos".

Ciudadanos anunciará a finais de ano os seus candidatos para as...
Comentarios