martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

Cobre San Rafael defende que a de Touro será unha operación mineira responsable

A empresa que impulsa o proxecto da mina de cobre abrirá dous puntos de información permanentes en Touro e O Pino 

 

A empresa que impulsa o proxecto da mina de cobre de Touro, Cobre San Rafael, defendeu que se trata dunha "operación mineira responsable e comprometida co medioambiente", compatible con outros sectores produtivos da comarca, e anunciou a apertura de dous puntos de información permanentes nesta localidade e en O Pino ante a "confusión e preocupación dalgunhas persoas". 

Nunha nota de prensa, a compañía lamentou que "o escenario debuxado por determinados colectivos está a ser moi afastado á realidade dun proxecto mineiro do século XXI, como é o de Touro". Durante este domingo, miles de persoas mobilizáronse nesta localidade da provincia da Coruña en contra do proxecto da mina. 

Ante isto, a empresa, "desde o respecto a todas as manifestacións e opinións sobre a actividade mineira", quixo transmitir "unha mensaxe de tranquilidade" á sociedade galega, e en concreto aos municipios de Touro e O Pino.

APERTURA DE DOUS PUNTOS INFORMATIVOS. Por iso, debido ás "diferentes opinións respecto ao proxecto" que nos últimos meses xeraron "confusión e preocupación", Cobre San Rafael anunciou a apertura de dous puntos de información permanentes en Touro e O Pino, a disposición de toda a poboación. 

O obxectivo destas dúas oficinas é explicar de forma "transparente" calquera aspecto do proxecto que poida ser de interese para a cidadanía, resolvendo as súas dúbidas e inquietudes. Ademais, engádese que "servirá como punto de encontro onde facilitar o diálogo activo con ambos os municipios".

TOURO, PROXECTO DE MINERÍA MODERNA. Ademais, a empresaquixo pór en valor a importancia do cobre, lembrando que é un material presente en todos os fogares e "en moitos dos avances tecnolóxicos" dos últimos anos, como teléfonos móbiles ou baterías de coches eléctricos. Neste contexto, deféndese que un proxecto como o de Touro supón unha "minería moderna europea" que estará sometida á "estrita normativa ambiental da UE e sobre a que pivotan explotacións en países tan pouco sospeitosos de pouca conciencia ecolóxica como Suecia, Finlandia ou Alemaña". 

Precisamente, incídese en que a minería é unha "actividade preferente" para a UE. Así, faise referencia ao 'Ditame do Consello Económico e Social Europeo' sobre a minería non enerxética en Europa, que indica que "o 70% da industria europea depende das sustancias minerais e o crecemento sustentable de Europa dependerá dos minerais que se extraian no seu territorio". 

Nesta mesma liña, faise referencia a que a nivel mundial, o Banco Mundial subliñaba que "o papel fundamental que desempeñan os minerais e metais nun futuro con redución de carbono". 
 

Cobre San Rafael defende que a de Touro será unha operación mineira...
Comentarios