En Común presenta catro cartaces da "Galicia en cor"

Representan as catro provincias da Galicia que a agrupación quere impulsar
Gómez Reino presenta a nova cartelería en Santiago de Compostela.EFE
photo_camera Gómez Reino presenta a nova cartelería en Santiago de Compostela.EFE

A coalición Galicia En Común-Anova Mareas lanzou unha campaña de cartelaría que pintan "a Galicia en cor" que queren impulsar a partir das eleccións deste domingo 12 de xullo.

Trátase de cinco ilustracións realizadas por creadores galegos que representan as provincias galegas e outro cartel no que aparece o candidato á Presidencia da Xunta pola coalición, Antón Gómez-Reino, que foi o encargado de presentar unha iniciativa de campaña titulada (Re)Inicia Galicia.

Acompañado en Santiago pola cabeza de cartel nas provincias de Pontevedra, Eva Solla, e Ourense, David Bruzos; Gómez-Reino augurou que restan "sete días" para terminar co "goberno en branco e negro, opaco e triste" do PP de Alberto Núñez Feijóo e realizar un "salto adiante cara a unha Galicia colorida, dinámica e creativa no século XXI".

Valores que a alianza de esquerdas trata de representa co catro carteis nos que outros tantos ilustradores galegos –Giovanna Lopalco (A Coruña), Miguel Robledo (Ourense), Miguel Cuna (Lugo) e Primón Ramón (Pontevedra)– ofrecen a súa visión sobre as provincias de Galicia. O propio Gómez-Reino conta cunha ilustración sobre el, elaborada neste caso polo artista Sekone, un veterano da escena galega do grafiti.

"Estes carteis concentran a potencialidade de Galicia e a súa creatividade e a importancia de propulsar a cultura, opacada polas políticas tristes do PP de Feijóo", incidiu o candidato, que incidiu na necesidade de abrir unha Galicia "dinámica, activa, moderna, creativa, diversa, innovadora, atlántica e verde".

Comentarios