domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

As concesionarias do 061 aseguran que non baixaron o 10% aos traballadores

Rueda pinchada de una ambulancia en Vigo el viernes. FEGAM
Rueda pinchada de una ambulancia en Vigo el viernes. FEGAM

Advirten do "custo" das sabotaxes e censuran que as forzas da orde non "puidesen garantir o servizo sen incidentes"

As empresas concesionarias do 061 aseguran que non baixaron o 10% aos traballadores do sector e esperan coñecer a dotación do novo concurso. 

Nunha nota de prensa, a Federación Galega de Empresarios de Ambulancias (Fegam) afirma que non pode negociar un novo convenio colectivo cos representantes dos traballadores debido a "dous importantes condicionantes". 

Así, cita en primeiro lugar que a Fundación Pública 061 "xa anunciou un novo concurso, pero non así a dotación do mesmo, o que imposibilita que os empresarios saiban con que orzamento contan para negociar cos traballadores a subida que demandan (de até un 30% en cómputo global)". 

Neste sentido, sinalan que "patronal e sindicatos coinciden en que o concurso é deficitario, feito este que levou aos empresarios, con máis de cinco millóns de perdas anuais no seu conxunto, a presentar o pasado mes de decembro a súa renuncia ao contrato vixente". 

En segundo termo, refírense a que "ao tratarse dun concurso público, poden optar aos lotes empresas que agora mesmo non son as adxudicatarias dos mesmos". "E aínda que non é ilegal que sexan os empresarios actuais os que negocien, a Fegam considera pouco correcto pechar un aumento salarial para os próximos anos, sen contar cos novos orzamentos", incide. 

Subliña que o seu obxectivo é "asinar un convenio que se poida cumprir no futuro por parte da patronal". 

Por outra banda, indican que a Xunta falaba "da decisión dos empresarios de baixar un 10% o salario aos traballadores" e aseguran que é "unha acusación totalmente falsa". 
"A realidade é que a ningún dos traballadores baixóuselle o 10% e non sufriron ningún recorte nas súas nóminas, a pesar da situación económica na que se atopan moitas das empresas que forman parte da Federación Galega de Empresarios de Ambulancias", aseveran. 

No seu escrito de renuncia e nas diferentes reunións mantidas co Executivo galego, os empresarios de ambulancias demandan que os contratos do servizo de transporte sanitario urxente "se adecuen ao custo real do servizo que se está prestando". 

Respecto diso, advirten de que "todos os estudos económicos realizados por empresas independentes determinaron, tomando como referencia o prezo fixado no último concurso público para os diferentes lotes do 061, que na maioría dos contratos abónase por ambulancia adscrita ao 061 uns 240.000 euros anuais". 

"Coa aplicación do convenio colectivo en vigor na comunidade galega, e só tendo en conta o tema salarial, o custo medio de cada ambulancia ascende a 280.000 euros", din. 

"Unha diferenza significativa á que habería que engadir outros importantes gastos puntuais como a compra de vehículos, o cambio de cor das luces para cumprir coa nova normativas e xurisprudencia laborais, e fixos como carburantes, autoestradas e seguros, entre outros", conclúen.

SABOTAXES 
A maiores, avisan de que "á difícil situación económica que atravesan os empresarios, únese agora o custo que supón para todos eles o arranxo ou substitución das ambulancias que foron saboteadas nos últimos días". 

Os incidentes deste sábado tiveron lugar en Vigo e Baixo Miño e segundo explican consistiron en manipulación do depósito de carburante, mentres que en Cangas, Silleda e Muros "apareceron varias ambulanciascon todas as súas rodas picadas". 

"As empresas están a facer un gran esforzo para cumprir os seus compromisos coa cidadanía, a través do contrato que ten asinado co FPUSG 061, sen que as forzas da orde pública puidesen até a data garantir o servizo sen incidentes", sentencian. 

As concesionarias do 061 aseguran que non baixaron o 10% aos...
Comentarios