domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Conde: "O Fraga sentado á mesa disposto a falar seducía, pero o colérico e déspota anoxaba a calquera"

Alfredo Conde.EP
Alfredo Conde.EP
O libro ‘En canto a Fraga’ narra a relación do escritor e o expresidente iniciada nunha mesa do Vilas e finiquitada anos despois cun portazo. Non é axuste de contas, aínda que sobran recados para quen os queira

NO NOVO LIBRO de Alfredo Conde, En canto a Fraga en galego e A propósito de Fraga en castelán (Ézaro Ediciones) o exdeputado e exconselleiro que o asesorou confirma a súa complexa personalidade, analiza a súa evolución política e aclara cuestións que "non podían quedar sen resposta".

É obrigado preguntar como e cando xorde a idea deste libro.

Pois daquela é obrigado contestar tal cal sucedeu. Houbo un intento editorial, fracasado, polo que se me propuxo facer un libro sobre outra personalidade da cultura galega, tamén controvertida, oferta que declinei e, como contrapartida, ofrecín o nome de Fraga, pero nas condicións nas que está feito o libro. A nova aventura editorial contaba con obter abondosas achegas institucionais, algo do que non son moi amigo, e a cousa comezou a inquedarme, ofrecíame desconfianza; pero xa estaba metido en danza, é dicir, xa estaba escribindo o libro. A aventura rematou cando se me dixo que pensaban vender 20.000 libros e preguntei se estaban de coña. Pero seguín escribíndoo ata publicalo agora en Ézaro Ediciones, onde debo dicir que me sinto tan ben tratado que mesmo estou coma nunha editorial desas que hai por aí no estranxeiro.

"Quero deixar claras algunhas cuestións sobre as que permanecín calado antes de que me leven a durmir fóra da casa"

Nun momento, cando fala dun Consello da Xunta, admite que xa tiña o costume entón de tomar notas de todo. Facíao co obxectivo de que algún día toda esa información vise luz nun libro?

O costume adquirino de neno, xa no primeiro do bacharelato [plan do 53] cando me aburría a explicación do profesor e, sen me decatar, me poñía a pensar noutra cousa e a debuxar e iso permitíame estar escoitando a explicación sen acabar durmido ou soñando con calquera trapallada. Cando fun maior seguín facendo o mesmo, fose no Parlamento, no Consello de Goberno ou onde cadrara; debuxo, escribo, fago encrucillados e só presto atención extrema cando o que se está a falar esperta o meu "O Fraga sentado á mesa disposto a falar seducía, pero o colérico e déspota anoxaba a calquera" alfredo conde escritor . maior interese. Non crea que non recibín reproches por iso. Pero o meu obxectivo non era o que vostede suxire senón o de obter ideas claras sobre o que se estaba dicindo. É agora, cando dá a impresión de que acertei no ton, cando penso en continuar escribindo a propósito do vivido. Pero agora non escoito rollos, voume antes se me aburro, e ademais son cousas estas que gardo na memoria e me están servindo para responder a preguntas que ninguén me fixo, pero quero deixar claras.

É máis complexo na tarefa do escritor relatar estes episodios reais ou novelar fantasías e ficcións?

Non. Ou a min non mo parece así. Escribir unha novela, cando menos tal é a miña opinión, é algo moito máis complexo, moito máis difícil porque supón a construción dun mundo; se é certo que o novelista é un pequeno demiurgo, un pequeno deus que crea ese mundo e o habita durante un tempo, tal e como supuña Flaubert que era. Para iso hai que ter imaxinación, para un libro coma este hai que ter memoria e distanciamento. Memoria téñoa e distancia mantida co que se relata teño moita. Xa son moi maior e se non conto agora estas cousas e respondo a esas preguntas que ninguén me formulou no seu momento, cando de min se fixeron tantas afirmacións, xa me dirá vostede cando o fago.

Aclara ao principio que o libro non é nin unha biografía nin un axuste de contas. Que é entón?

Creo que o que advirto, xa no primeiro parágrafo do libro, é que non se trata nin dunha biografía, tampouco dunha haxiografía, nin dun panexírico nin de nada que ensalce o personaxe; tampouco que o esmiúce polo fino, como o lector intelixente deducirá de contado, senón de que, a conto del, poida ir dando eu esas respostas que ninguén me formulou no seu momento. Vostede cre que se me pode chamar maleteiro de Fraga, en portada, a catro columnas, sen contrastar fontes e sen recabar a miña contribución a noticia tan demoledora? Pois iso o fixo El País. Agora é momento de deixalo claro. E como iso moitas outras cousas sobre as que permanecín calado e outras sobre as que mesmo puiden falar demasiado e agora convén deixalas claras antes de que, calquera día destes, me leven a durmir fóra da casa.

Imaxina hoxe a Fraga e Carrillo, ou a dous sucedáneos deles, sentando xuntos? A política cambiou. Este é un tempo de ananos

Na súa descrición de Fraga confirma os tópicos máis coñecidos sobre el: puntualidade, mal xenio, capacidade de traballo, madrugador, testán, esa obsesión por arrincar follas dos xornais... Falta algún?

Creo recordar que describo algún máis, malia que non sexan tan tópicos e polo tanto admitidos. Fraga era un sedutor coa xente que lle interesaba, un gentleman, ocorrente, educado, culto, na mesma medida na que se comportaba coma un déspota con aquela outra que ou non lle interesaba, tiña debaixo ou non estaba á súa altura. Falta algún, si; por exemplo, a tenrura coa que trataba os nenos.

Por certo, a anécdota do comedor de polbo de Vilalba en Cuba é insuperable [Conde conta que Fraga lle dixo a Fidel nunha discusión que un veciño seu de Vilalba comera 72 racións de polbo no San Froilán e morrera]. Seguro que non lle puxo nada vostede á historia?

Eu son xordo e pode que a cifra aportada non a escoitara ben e Alfredo Conde Cid (Allariz, 1945). que fose algo menor, pero esa foi a que oín ou me pareceu ouvir; en todo caso, non resta un ápice do sucedido, que foi como eu lle digo e que, ademais, se corresponde coa última que lle dixo cando se despediu de Fidel en Compostela, baténdolle coa porta nas súas mesmas narices. Pero esa nin a conto, nin debo contala agora. Eu non estaba presente, quen ma contou si, pero xa está morto e non aportaría nada importante ao libro.

Tamén di que había moitos Fragas. Con cal queda?

É moi de temer que haxa que se quedar con todos. Non vale escoller e a maiores é inútil. Pero é indubidable que o Fraga, sentado a unha boa mesa ben servida, disposto a falar abertamente era enormemente atraínte. O Fraga colérico, impositivo e déspota anoxaba malia que o seu comportamento non fora dirixido a ti.

Defina a Manuel Fraga, se pode, nunha palabra.

Non podo. Se coñece a alguén que si poida, póñame en contacto con el que estaría moi gustoso en escoitalo e discutirllo de contado.

No libro sitúa no pulso con Cacharro e Baltar o inicio da decadencia de Fraga. Por que?

Agora estamos a falar de política, non si? Neste terreo hai dous Fragas, o Fraga franquista e o Fraga demócrata, que non teñen moito que ver o un co outro, malia que por aí fóra sempre falaran del coma o único ministro liberal dos gobernos franquistas e por eiquí coma un demócrata que non o era. Do primeiro, do franquista, eu padecín a parte alícuota que me correspondía a min como cidadán e a el como ministro que foi e mesmo como vicepresidente do Goberno central que tamén foi, o de Montejurra e eses andurriais. O que eu coñecín foi o Fraga autonomista e se xulgo pola súa primeira lexislatura, mesmo galeguista; despois xa non. A chegada de Aznar e a súa propia viuvedade impedíronllo. Mentres foi galeguista e non respondeu aos requirimentos de Aznar, que lla tiña gardada a Pepe Cuiña, a cousa foi ben. Logo animouse e quixo levar tamén por diante a Cacharro e sobre todo, falando neste terreo da galeguización, a Baltar. Iso equivaleu ao abandono do camiño seguido na súa primeira lexislatura que era o importante é o que lle tería permitido pasar a Historia como a le lle gustaría. Non se pasa á Historia, como el quería pasar á de Galicia, inaugurando autoestradas, senón abrindo camiños. Fraga comezara ben, logo antepuxo os intereses do partido que fundara aos xerais do pobo de Galicia. Logo intentou pasar á Historia coa Cidade da Cultura, que moito lle gustaría que levase o seu nome, pero xa ve a herdanza que nos legou.

Di que Fraga foi o último en facer política galega. A que se refire?

Nas xuntanzas que mantivo con Piñeiro e con outra xente máis anunciou medidas que si tomou na súa primeira lexislatura. A Administración Única, a ampliación a 14 millas náuticas fóra de puntas das augas xurisdicionais galegas ou a proposta de reforma do Senado ían nese sentido. O inexplicable é que as forzas nacionalistas e/ou galeguistas non as votasen a favor. Nin el mesmo nas seguintes lexislaturas e na mesma medida, nin logo Touriño, nin agora Feijoo, son equiparables a el nese sentido. Vostede e máis eu estaremos de acordo, polo menos, en que Galicia é unha nación cultural. Pois por darlle unha idea: a Consellería de Cultura anterior á súa chegada ao Goberno dispuxo de 5.000 millóns de pesetas de orzamento anual; e a metade levábaa a Dirección Xeral de Deportes; pois Fraga multiplicounos por cinco e eliminou a dirección de Deportes. Se a min me dan 25.000 millóns de pesetas anuais durante catro anos deixo Galicia que non a recoñece nin Breogán bendito.

'Eu nunca rexeitei o trato con ninguén en función da súa ideoloxía ou da súa condición política, senón a partires da súa condición humana'. Boa frase esta súa para estes tempos de política de escaparate.

Pode que a frase sexa boa, pero o bo sería que eu a teña xustificado coa miña traxectoria e iso non son eu quen debe decidilo. Aínda máis, o que a faría boa sería o regresar aos tempos nos que Fraga e Carrillo podían debater xuntos ou asistir a actos comúns en harmonía tal e como o fixeron dando así un exemplo que non foi seguido. Imaxínaos vostede hoxe, a eles dous, ou a dous sucedáneos deles, facendo o mesmo? Este élle un tempo de ananos.

É moi diferente a política dos seus tempos da de hoxe?

Antóllaseme algo evidente que si haxa moita, demasiada, diferenza. Os comezos da democracia impulsaron á política dous tipos de homes. Uns viñan da loita clandestina, afeitos polo tanto a defender intereses xerais, nunca persoais pois xa me dirá vostede cales podían ser os desta segunda condición; outros proviñan do propio réxime pero convencidos de que este estaba consumido en si mesmo e era preciso poñelo ao día e, polo tanto, tiveron a grandeza de sobrepor os intereses da cidadanía por enriba dos da súa ideoloxía ou conveniencia persoal. Non hai moitos exemplos de grandeza como o dado polas Cortes franquistas facéndose o haraquiri. Hoxe os políticos, todos, a gran maioría deles, antepoñen os seus intereses partidarios por enriba dos comúns. A propia Constitución, tan útil nun comezo, o propicia así. Habería que lle introducir emendas.

Arrepíntese do seu paso pola política? Fala no libro de traizóns que semellan dolorosas...

Non, nin moito menos. Pero tiven ocasións de regresar a ela e ben que me coidei de non facelo; traizóns tamén se padecen no mundo literario e, sen embargo, constata vostede que eu deixara de escribir?

Di que bota de menos as viaxes, aparcadas pola pandemia. Cal lle gustaría que fose a rimeira se algún día voltamos á normalidade?

Ouh, moitas! Non sabería dicirlle. Gustaríame regresar aos países que amo, non moitos, pero si amo algún máis que ó meu propio, pero tamén coñecer algún outro que non visitei. Porén témome que o mundo que nos contemplaba aos escritores teña sido abducido por este outro que a pandemia acaba de consolidar e que xa non me corresponde habitar en plenitude.

Sacaremos algo bo como sociedade desta pandemia?

Como lle sucede a tanta outra xente, a miña razón indúceme ao pesimismo mentres que a miña vontade faino ao optimismo. Quero ser optimista, tras tempos tempos veñen. O que dubido é que eu chegue a velos; por exemplo, non creo que chegue a ver o tren de alta velocidade entre A Coruña e Lisboa. Moito me gustaría! Pero iso non empece para que loitemos por conseguilo canto antes.

El sueño cumplido de pasar a la Historia

El año que viene van a coincidir el décimo aniversario de la muerte del político vilalbés, en enero, y el centenario de su nacimiento

Esta misma semana Alberto Núñez Feijóo citó a Manuel Fraga. Fue en los jardines del Eurostars San Lázaro de Santiago, cuando confirmó ante la junta directiva de su partido que seguiría al frente del PPdeG tres años más, lo que lo llevará precisamente a superar los 17 años de liderazgo orgánico del ‘león de Vilalba’. El actual titular de la Xunta dijo de su predecesor que fue quien "ensanchó" el PP gallego, una de las claves para que tanto uno como el otro coleccionasen después mayorías absolutas en las urnas.

Fraga también sale a relucir con frecuencia en los debates parlamentarios y casi siempre en clave positiva. Si lo cita el PP es para alabarlo y si lo hace la oposición también, ya que el objetivo es presentar a Feijóo como el ‘malo’ o, al menos, como el peor de los dos.

Si su chalé de Perbes sigue a la venta —que parece que sí aunque estos días se veía actividad en él— es noticia; si hay debate sobre la memoria histórica aparece su nombre y si es sobre el idioma gallego, también. Inclusoe s difícil observar la silueta de la Cidade da Cultura y no pensar en la figura del vilalbés.

Esta temporada, Fraga está de moda hasta en el ‘prime time’ televisivo gracias a la serie Palomares, días de playa y plutonio, estrada en abril por Movistar+. Y por si eso fuera poco, Alfredo Conde acaba de publicar un libro absolutamente fraguiano.

Así que, en cierto modo, Fraga consiguió el objetivo que pretendía y al que Conde hace referencias continuas en su obra: pasar a la Historia de Galicia. Si lo está haciendo como él hubiese deseado o no ya es otro debate.

Según Alfredo Conde, a Fraga le hubiese gustado cambiar al menos la última etapa de su vida, quizás dedicándose a asesorar desde su oasis de Perbes y no enterrado entre papeles en un despacho del Senado donde ya pocos le hacían caso.

UN 2020 ESPECIAL. Precisamente el año que viene coincidirán dos efemérides importantes en la memoria de Fraga. El 15 de enero se cumplirán diez años de su fallecimiento, aunque el concurrido entierro en Perbes, con gaiteiros y todo, se celebró dos días después. Y el 23 de noviembre será el centenario de su nacimiento. Así que Fraga seguirá vivo entre los gallegos. Por lo menos un año más.

Conde: "O Fraga sentado á mesa disposto a falar seducía, pero o...
Comentarios
ç