O Goberno galego pon en marcha 'Coñece Galicia', un programa de minicampamentos de verán con estancias de cinco días en aloxamentos turísticos distribuídos por todo o territorio.
A iniciativa, de carácter lúdico e formativo, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e conta cun total de 533 prazas e 14 programas e instalacións, dirixidos a nenos de entre 10 e 14 anos.
O obxectivo: apoiar a adquisición de competencias e habilidades e fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial da comunidade. O prazo de inscrición abrirase o 7 de xullo ás 10.00 horas.