miércoles. 22.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 22.09.2021
El tiempo

'Conquistemos Tiktok!' insta á rede social a que acepte o galego como lingua oficial

TikTok. ARCHIVO
TikTok. ARCHIVO
O proxecto, promovido polo activista dixital, Carlos Vieito, conta coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística

A campaña Conquistemos TikTok!, que comezou este domingo 21 de febreiro -día da lingua materna- e que durará toda esta semana, "busca concienciar á comunidade galega e facer un chamamento a  TikTok España" para que acepte o uso da galego -lingua cooficial en España-, na plataforma.

O proxecto, promovido polo activista dixital, Carlos Vieito, e dentro da iniciativa TikTok en galego, conta coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística, que informou de que tramitará unha queixa a través da  Liña  do  galego para denunciar o veto do idioma na rede social.

Segundo indicaron os responsables da iniciativa nun comunicado, "diferentes tiktokers galegos, algúns deles con miles e millóns de seguidores, están a solidarizarse co lanzamento da campaña".

Os usuarios soben vídeos nos que utilizan o galego para a creación dos contidos e mesmo, nalgúns casos, denuncian directamente a prohibición do idioma na plataforma.

A iniciativa creouse despois de que a Xunta de Galicia informase de que Tiktok vetou unha campaña de apoio ao sector cultural, #aculturasegue, por estar en galego, un idioma non recoñecido como oficial pola plataforma, que en España só acepta o castelán.

"Espero que o Goberno galego realice as accións necesarias para instar a TIktok a incorporar a nosa lingua á plataforma e non quede simplemente nunha anécdota", desexou Carlos  Vieito.

'Conquistemos Tiktok!' insta á rede social a que acepte o galego...
Comentarios
ç