O conselleiro de Sanidade insiste: "Imos poder votar con tranquilidade"

Almuíña avanza que o seu departamento traballa con Vicepresidencia nun "protocolo" para garantir a seguridade de electores e membros das mesas na xornada electoral
Jesús Vázquez Almuíña. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Jesús Vázquez Almuíña. VICTORIA RODRÍGUEZ


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, avanzou este martes que o departamento que dirixe, de forma conxunta con Vicepresidencia, traballa nun "protocolo" para a xornada electoral do próximo 12 de xullo, e afirmou: "Imos poder votar con tranquilidade".

Nunha comparecencia de prensa para informar da proposta trasladada ao Ministerio de Sanidade para acceder á fase dúas da desescalada, o conselleiro admitiu que "evidentemente" a situación na que se acudirá ás urnas "é nova" e, por iso, tanto o País Vasco como Galicia traballan en protocolos para garantir a seguridade dos electores e dos membros das mesas.

Neste sentido, Vázquez Almuiña fixo un chamamento á tranquilidade e defendeu o dereito ao voto como unha actividade segura ao lembrar que xa na actualidade "hai moitas máis actividades" que se están levando a cabo.

Ademais, adoptaranse as "medidas pertinentes para que se poida votar con total seguridade", indicou.

Tamén destacou que o 12 de abril é unha data que conta con importantes vantaxes respecto da do 5 de abril, ao sinalar que "neste momento a situación é mellor que no anterior chamamento ás urnas" posto que a primeira semana do mes de abril coincidiron cos días "centrais" da afectación da pandemia na comunidade.

Na actualidade, Galicia atópase en "fase descendente" e con "moi poucos casos á semana" polo que é de esperar que se continúe nesta liña até chegada a data marcada para os novos comicios, considerou.

Comentarios