Controis nos accesos á costa lucense desde a medianoite

A Garda Civil montou varios dispositivos tras entrar en vigor o confinamento da Mariña

A Garda Civil de Tráfico xa controlou os accesos á comarca tras entrar en vigor a pasada medianoite o confinamento da Mariña polo brote de coronavirus detectado. Un dos dispositivos montouse na A-8 en Ribadeo.

O incremento rexistrado no brote de covid-19 detectado na Mariña, con 106 positivos, obrigou á Xunta a decidir o peche durante cinco días dos accesos á costa lucense. Son 14 os municipios afectados. A máscara será obrigatoria en todo momento, incluso na praia.

Comentarios