Da Silva espera que os resultados "cumpran as expectativas"

A candidata do BNG ao Congreso por Pontevedra lembrou que é un "día moi importante"

Carme da Silva en Lourido. RAFA FARIÑA
photo_camera Carme da Silva en Lourido. RAFA FARIÑA

A candidata do BNG ao Congreso por Pontevedra, Carme da Silva, asegurou que espera que os resultados das eleccións xerais deste 28 de abril "cumpran as expectativas" da sociedade galega.

Tras exercer o seu dereito ao voto no centro social do Gorgullón, na cidade de Pontevedra, Da Silva lembrou que este domingo é un día "moi importante" para o futuro de Galicia e confía en que ao final da xornada "podamos celebrar" que os resultados foron "os que necesita este país".

A candidata do BNG, que votou acompañada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, desexou ademais que o día se desenvolva "con normalidade" e que durante a xornada "non haxa ningún incidente".

De cara a esta xornada, explicou, aproveitará a mañá para "gozar de Pontevedra" e, a partir das sete da tarde, acudirá a Santiago de Compostela para seguir o reconto xunto aos seus compañeiros da executiva autonómica.

"Virei a Pontevedra en canto me deixen", engadiu.

Comentarios