domingo. 23.01.2022 |
El tiempo
domingo. 23.01.2022
El tiempo

Desestimada a denuncia contra o antigo responsable do patrimonio de Sandra Ortega

Sandra Ortega. EP
Sandra Ortega. EP
Considera válida a extinción do contrato de alta dirección por desistimento do empleador

O Xulgado do Social número 1 da Coruña desestimou a denuncia de José Leyte por despedimento improcedente como director do grupo Rosp Corunna, holding empresarial de Sandra Ortega.

O fondo do asunto no caso consistía en que o xulgado decidise se o contrato de Leyte era unha relación laboral común –tal e como reclamaba o demandante– ou se se trataba dun contrato de alta dirección –tal e como sostén a parte demandada– de cara a declarar se o despedimento foi procedente ou non, coa indemnización pertinente. 

No fallo con data de 7 de xaneiro, ao que tivo acceso Europa Press, a sala acredita que o demandante era o "responsable máximo" da xestión do patrimonio de Sandra Ortega, valorado "en máis de 6.000 millóns" –o segundo máis grande de España–, polo que contaba cun contrato de alta dirección, "ostentando amplos poderes de actuación". 

De feito, exponse que o antigo director do grupo Rosp Corunna podía levar a cabo operacións por importe de "até 600.000 euros" sen necesidade da firma de Sandra Ortega. 

A isto únese que exercía como representante do grupo nas xuntas de accionistas de Inditex, Pharma Mar e Zeltia. Igualmente, interviña en nome doutras sociedades participadas, tales como Ferrado e Room Mate.

PODE RECLAMAR DE MANEIRA SEPARADA INDEMNIZACIÓNS. E é que Leyte consideraba que o despedimento era improcedente ao non consignar a carta de despedimento "ningunha causa válida para a extinción do seu contrato", entre outras cuestións.

Con todo, segundo figura no fallo, a Sala ratifica a validez da extinción do contrato de traballo por desistimento do empleador ao estar recollido este suposto para altos directivos.

Así, o fallo absolve á demandada, "sen prexuízo do dereito que lle asiste" ao demandante de "exercitar de maneira separada a acción de reclamación de cantidade indebidamente acumulada á acción de despedimento". 

O xulgado di que a reclamación que fai Leyte por cuestións como incentivos ou complementos variables "excede da propia resolución do presente procedemento", polo que pode ser "reclamado ante un procedemento ordinario" ("tal e como se fixo xa pola parte actora", aclara). 

José Leyte reclamaba a nulidade do despedimento por non ser axustado a dereito coa incorporación ao posto de traballo ou o abono dunha indemnización de máis 1,6 millóns de euros. O executivo encargábase da dirección de Rosp Corunna até o seu despedimento en novembro de 2020. En xaneiro de 2021 tivo lugar un acto de conciliación que finalizou sen avinza entre as partes. 

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Todo iso no marco dunha disputa xudicial na cal Sandra Ortega tamén denunciou ao seu ex número dous ante os tribunais. 

Desestimada a denuncia contra o antigo responsable do patrimonio de...
Comentarios