Deteñen a un home de 72 anos por cometer roubos e estafas

Os delitos foron realizados no municipio de Oleiros
Un miembro de la Guardia Civil. DP
photo_camera Un miembro de la Guardia Civil. DP

Un home duns 72 anos de idade foi detido por diversos roubos cometidos en vivendas do municipio de Oleiros, no marco da operación Superjan da Garda Civil. 

O detido, veciño da Coruña, desprazábase á citada localidade en transporte público e servíndose dos tarxetas de autobús que obtiña dos roubos. 

Segundo explica a Garda Civil, o autor accedía ao interior das vivendas mesmo cando os seus moradores se atopaban no interior, e no caso de ser sorprendido por estes alegaba estar necesitado e pedía esmola. 

Entón, ante o menor descoido, aproveitaba para furtar xoias e carteiras do domicilio. Posteriormente, vendía estes bens en establecementos de compra/venda de ouro e servíase das tarxetas bancarias para realizar compras de importe inferior ao máximo permitido polo método 'Contactless', que non require autorización PIN. 

O detido xunto, coas dilixencias, foi posto a disposiciónXudicial do Xulgado de Garda da Coruña, o cal decretou o seu ingreso en prisión

Esta situación xerou unha alarma social entre os veciños da zona ao producirse "gran inseguridade e sobresalto" cando se atopaban ao detido no interior das súas vivendas, engade a Garda Civil. 

Os axentes recuperaron varias xoias que o detido portaba no momento do arresto e outras que tiña no seu domicilio, pendentes de valoración e estudo para determinar a procedencia. 

Ante estos feitos, o home está acusado como presunto autor dun delito de roubo con forza nunha vivenda, catro delitos de furto en interior de vivendas habitadas e outro de estafa. 

O detido xunto, coas dilixencias, foi posto a disposiciónXudicial do Xulgado de Garda da Coruña, o cal decretou o seu ingreso en prisión.