Dornas no Obradoiro

A catedral a un lado; o Pazo de Raxoi ao outro; e no centro, unha exposición de embarcacións polo 25 aniversario de Culturmar

Velas, entre la catedral y Raxoi. LUIS POLO
photo_camera Velas, entre la catedral y Raxoi. LUIS POLO

O Obradoiro luciu este sábado un decorado moi particular. Os centos de peregrinos que seguen enchendo a praza máis famosa de Compostela atopáronse cunha exposición de embarcacións tradicionais galegas. 

Xa podes visitar no Obradoiro a exposición de embarcacións tradicionais galegas que conmemora os 25 anos de #Culturmar pic.twitter.com/NwPKNWIkN4

— Concello de Santiago (@PazodeRaxoi) 29 de setembro de 2018

Con esta iniciativa, entre outras programadas para as vindeiras datas, Culturmar –Federación Galega pola Cultura Marítima– celebra o seu 25 aniversario. 

No Obradoiro, ademais de admirar a beleza das embarcacións, tamén hai unha unidade didáctica orientada aos escolares.

Comentarios