sábado. 10.04.2021 |
El tiempo
sábado. 10.04.2021
El tiempo

Os drons asistirán aos peregrinos que sufran unha parada cardiorrespiratoria

Alfredo Conde en Portomarín. VICTORIA RODRÍGUEZ
Alfredo Conde en Portomarín. VICTORIA RODRÍGUEZ
Francisco Conde asegura que o novo sistema entrará en funcionamento no 2020

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, anunciou este mércores en Portomarín, mediante a fórmula de Compra Pública de Tecnoloxía Innovadora, a licitación dun "servizo integral de cardioprotección no Camiño de Santiago" que utilizará drons para reducir os tempos de resposta.

En declaracións aos medios de comunicación, Francisco Conde sinalou que esta iniciativa converte a Galicia "en pioneira a nivel nacional" e incluso europeo na aplicación dun sistema que utiliza vehículos aéreos non tripulados para mellorar os tempos de asistencia a usuarios das diferentes vías de peregrinación que sufran unha parada cardiorrespiratoria.

A licitación anunciada implica Consellería de Economía, Emprego e Industria, pero tamén ás de Sanidade e Cultura e Turismo, cun orzamento aprobado que contempla un investimento máximo de 1.149.500 euros.

O novo sistema deberá estar terminado, probado e validado no ano 2020, antes da celebración do Xacobeo de 2021.

O que se busca é o desenvolvemento, no marco do polo aeroespacial de Rozas (Castro de Rei), dun sistema que utilizará drons conectados co 061 e equipados cun electrocardiógrafo e un desfibrilador para "diagnosticar e tratar nun curto período de tempo a pacientes que sufran unha parada cardiorrespiratoria nun tramo do Camiño de Santiago".

O sistema estará integrado na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias CCUS-061, de forma que ante chamadas ao servizo por posibles paradas cardiorrespiratorias, farase uso dos drons para facer chegar canto antes os equipos de diagnóstico e tratamento, tendo en conta de que unha resposta rápida pode ser crucial para salvar a vida dos pacientes.

A Xunta aclara que "os desfibriladores son de uso sinxelo e a persoa que acompañe ao paciente estará guiada en todo momento por persoal sanitario desde a Central de Coordinación do 061".

A iniciativa presentada completa o proxecto Camiño de Santiago, espazo cardioprotexido,co que a Xunta incorporará desfibriladores semiautomáticos externos ao equipamento dos setenta albergues públicos da Comunidade.

A concienciación na sociedade da importancia do recoñecemento dos sinais de morte súbita, así como das técnicas para a reanimación cardiopulmonar básica, resulta fundamental, xa que a RCP por testemuña duplica as posibilidades de supervivencia da vítima, como mostran os datos da análise das máis de 750 intervencións que cada ano atende Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

As enfermidades cardiovasculares constitúen un dos problemas de saúde máis importantes actualmente en Galicia.

A causa máis frecuente da parada cardiorrespiratoria nas persoas adultas é a síndrome coronaria agudo e, dentro deste, a fibrilación ventricular e a taquicardia ventricular sen pulso, que teñen como único tratamento a desfibrilación eléctrica.

Nestas situacións, a dispoñibilidade inmediata de medios técnicos resulta imprescindible para abordar con éxito as manobras de reanimación.

Os drons asistirán aos peregrinos que sufran unha parada...
Comentarios
ç