A estrea do documental do BNG reúne a históricos dirixentes como Beiras e Paco Rodríguez

A produción lánzase con motivo do 40 aniversario da formación
Beiras, Encarna Otero, Pontón, Paco Rodríguez, Suárez Canal y Suso de Toro. M.G.P.
photo_camera Beiras, Encarna Otero, Pontón, Paco Rodríguez, Suárez Canal y Suso de Toro. M.G.P.

Históricos do BNG como Xosé Manuel Beiras, Encarna Otero, Paco Rodríguez, Mario López Rico, Suárez Canal, Suso de Toro ou Ana Pontón xuntáronse este mércores no Teatro Principal de Santiago para a estrea do documental co gallo do 40 aniversario da formación nacionalista.

O BNG cumpre este mes de setembro 40 anos da súa fundación no Frontón de Riazor (o 25 e 26) e este mércores emitiu por primeira vez publicamente o documental que recolle os primeiros pasos dunha formación que se constituíu como fronte política e no que, como se narra no traballo audiovisual, era "máis o que unía que o que separaba".

Naceu para defender unha Galicia "como nación" e baixo a premisa da "autodeterminación ou soberanía" nun contexto no que había movementos sociais, sindicais e culturais que pivotaban sobre esta órbita, pero na que era necesaria unha estrutura organizativa única, explican os fundadores neste documento que extracta as entrevistas completas con doce protagonistas e que impulsou a Fundación Galiza Sempre, que preside Rubén Cela.

No documental participaron Alfredo Suárez Canal (moderador da asemblea fundacional), Pilar Allegue, Mario López Rico, Encarna Otero, Francisco Rodríguez, María do Pilar García Negro, Lois Diéguez, Saleta Goi (recentemente falecida), Xoán Carmona, María do Carme García Negro, Xosé Manuel Beiras, Néstor Rego e Ana Pontón, actual portavoz nacional do BNG.

E este mércores, o acto reuniu a case todos os protagonistas do documental, que tiveron un papel fundamental no ano 1982. Non puideron acudir Néstor Rego (agora deputado no Congreso, porque había pleno en Madrid), Pilar García Negro (de viaxe) e Lois Diéguez, que escusou a súa ausencia aínda que inicialmente tiña intención acudir, mentres que o acto estivo dedicado a Saleta Goi, que recibiu un sentido aplauso de homenaxe por un Teatro Principal cheo.

Foto sen Francisco Rodríguez

Aínda que o reencontro non foi pleno, si sentiu nas rúas da Rúa Nova no centro histórico compostelán o que Encarna Otero chamou unha "bonita" imaxe coa estampa de Camilo Nogueira e Xosé Manuel Beiras alí presentes.

 Posteriormente, houbo foto de familia na que participaron algúns dos protagonistas do documental, incluída a portavoz nacional actual, Ana Pontón, pero sen Francisco Rodríguez, histórico dirixente da UPG coa que as friccións co sector de Beiras acabaron na ruptura en 2012 e a saída dalgúns dos constituíntes do Bloque.

De feito, a propia Encarna Otero recoñece, no documental emitido, que uno dos momentos "máis dolorosos" da súa vida política foi o "paso atrás" que deu despois da asemblea de Amio, a cal supuxo a saída de dirixentes fundacionais como o propio Beiras e outro dos protagonistas do documental, Mario López Rico.

Na rúa compostelá, e aínda que Beiras limitouse a asegurar que tanto a Camilo Nogueira como a Encarna Otero os ve con frecuencia, o desde este ano Medalla Castelao asegurou ter "a impresión de que isto é o inicio de algo", mentres que a que fora alto cargo na Consellería de Vivenda co bipartito destacou a emoción do momento.

Homenaxe a Saleta Goi

Xa no teatro principal, Rubén Cela homenaxeou a Saleta Goi, unha "galega consciente, fiel e entregada, comprometidas como poucos e cuns fortisimos principios, incombustible, loitadora, incansable e ata o último alento da súa vida, unha grandisima patriota e militante da causa nacional galega". No documental, a última entrevista gravada antes do seu falecemento, Saleta Goi destaca a "importancia da linguaxe de non empregar unha "linguaxe ambigua".